Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 1995 Páx. 3.582

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de concurso.

Obxecto: é a execución das obras descritas no proxecto de urbanización das rúas Monte dos Postes, Cotaredo e Coto do P.E.R.I. do solo urbano das Fontiñas, Concheiros, Cotaredos e San Lázaro.

Tipo de licitación: 114.001.648 ptas., IVE incluído.

Prazo de execución: seis meses.

Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría e. Grupo E, subgrupo 1, categoría b. Grupo G, subgrupo 3 e 4, categoría c. Grupo 1, subgrupo 1, categoría c.

Lugar de presentación de proposicións: as proposicións pódense presentar directamente no rexistro xeral do concello de 9.00 a 14.00 horas nun prazo de vinte días hábiles a partir da publicación deste anuncio no BOE, ou envialas por correo con anuncio de remisión ó concello no mesmo día mediante telegrama de acordo co sinalado polo artigo 100 do RXCE.

Apertura de plicas e adxudicación: celebrarase na Casa do Concello ás doce horas do quinto día hábil seguinte ó de remate da presentación das proposicións.

Fianza provisional: 2.280.033 ptas.

Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Modelo de proposición:

Don/Doña .... veciño/a..., con domicilio en (rúa/lugar, etc.)..., núm..., e DNI núm... en plena posesión da súa capacidade xurídica e de obrar, tomo parte en nome propio (ou en representación de... ) na licitación do contrato de obras de... e polo que fago constar:

a) Ofrezo o prezo de... (en letras e números)... ptas., o que supón unha baixa de... (en letras e números),... ptas., con respecto ó tipo de licitación.

b) Coñezo e acepto todas as cláusulas do prego de condicións que rexen a licitación.

c) Comprométome a cumprir tódalas disposicións legais en materia de contratación laboral, Seguridade Social e protección á industria nacional.

..., ... de... de 19...

Prego e proxecto: o prego e proxecto poderán ser consultados no seguinte enderezo: Rúa Nova de Abaixo 19-21. Santiago de Compostela (A Coruña) Tef. (981) 59 33 85.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 1995.

O alcalde

Rubricado