Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 1995 Páx. 3.580

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso, da subministración de vehículos todo terreo 4 x 4 con destino ós servicios de Montes e Industrias Forestais (0530).

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso:

Obxeto: adquisición do vehículos todo terreo 4x4 con destino ós servicios de Montes e Industrias Forestais (0530), de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso.

Orzamento de licitación: vinte millóns de pesetas (20.000.000 de ptas.).

Fianza provisional: catrocentas mil pesetas (400.000 ptas.).

Fianza definitiva: oitocentas mil pesetas (800.000 ptas.).

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Montes e de Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económina formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela), ou en calquera das vías admitidas polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, antes das 14 horas do día 8 de xuño de 1995.

A apertura de proposicións terán lugar o día 15 de xuño de 1995, ás 12 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 1995.

(Orde 13-12-1993)

Antonio L. Rosón Peréz

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes