Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 1995 Páx. 3.578

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 25 de abril de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas que se citan. (Expedientes números 115/1994 e 26604).

De conformidade co disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a soli

citude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na r/ Fernando Macías, nº 2, 15004 A Coruña, de declaración de urxente ocupación para a expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso, sobre os bens e dereitos que se afectan polas instalacións de:

-Liña eléctrica a 15/20 kV desde a subestación de Vilar do Colo á liña As Chancas, no concello de Fene. (Expediente número 115/1994).

-Liña eléctrica a 15/20 kV de Amuño a Lubre, no concello de Bergondo. (Expediente número 26604).

A declaración de utilidade pública das referidas instalacións, que foron outorgadas con datas do 17-2-1995 e 17-10-1987, levan implícitas en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou adquisición dos dereitos afectados, así como a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica, segundo o artigo 14.1º do Decreto 2.619/1966.

En consecuencia, calquera persoa dentro dos quince días seguintes ós da publicación deste anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia, no BOP e no xornal La Voz de Galicia, e os interesados propostos como titulares dos predios afectados contidos na relación anexa, cos que non foi posible o mutuo acordo, os que se lles practicará notificación individual, conforme o artigo 16 do Decreto 2619/1966, poderán aportar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación indicada, así como formula-las alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do decreto, para tal efecto estará exposto nesta delegación, sita no edificio administrativo Monelos 15071 A Coruña, en horas de oficina, o expediente cos planos de situación e perfil das instalacións.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así, dirixir ó Ministerio Fiscal, as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Infórmase ós propietarios que a entidade beneficiaria facilitará por xestión directa na mesma ou por escrito que se reciba nesta delegación os datos para identificación dos bens que se afectan; e que de outorgarse a declaración de urxente ocupación solicitada, seguirá o proceso nas súas fases de expropiación, determinación do prezo xusto, e pagamento da indemnización que acordo o Xurado Provincial de Expropiación, en cada caso.

A Coruña, 25 de abril de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña