Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 1995 Páx. 3.577

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a contratación directa das obras que se citan. (Renovación de cuberta no I.B. Alfredo Brañas de Carballo e dúas máis).

Esta delegación provincial, en cumprimento do establecido no artigo 32 da Lei 6/1994, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación directa das obras que se citan:

1. Renovación de cuberta no I.B. Alfredo Brañas de Carballo.

Orzamento de contrata: 28.502.939 ptas.

Prazo de execución: catro meses.

Clasificación requirida: grupo C, categoría D.

2. Reparación de fachadas, cuberta e obras varias no I.F.P. Roberto Vidal de Ferrol.

Orzamento de contrata: 37.283.016 ptas.

Prazo de execución: catro meses.

Clasificación requirida: grupo C, categoría D.

3. Substitución de cuberta, tratamento de fachadas e obras varias no C.P. Ramón de Artaza de Valdexería, Muros.

Orzamento de contrata: 28.495.341 ptas.

Prazo de execución: tres meses.

Clasificación requirida: grupo C, categoría D.

Os proxectos e pregos de cláusulas administrativas particulares están á disposición dos interesados nas dependencias da delegación provincial, edificio administrativo de servicios múltiples, 7ª planta, Monelos, A Coruña.

O prazo para presentación das proposicións será de dez (10) días hábiles contados a partir do día da publicación do presente anuncio no DOG, rematando ás 13 horas do derradeiro día do prazo. Se este coincide en sábado, o prazo rematará ó seguinte día hábil.

As propostas presentaranse en man, no rexisto da delegación provincial e cos requisitos sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares correspondentes.

A apertura de plicas terá lugar ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de licitacións, pasando ó luns, se este coincide en sábado.

O importe do presente anuncio será por conta das empresas adxudicatarias.

A Coruña, 5 de maio de 1995.

Francisco Pérez Rivas

Delegado provincial da Coruña