Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 1995 Páx. 3.577

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1995 pola que se anuncian, polo sistema de concurso de procedemento aberto, a obra do proxecto de construcción dun edificio para conservatorio profesional de música en Ourense.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso de procedemento aberto, a obra que se cita:

-Proxecto de construcción dun edificio para conservatorio profesional de música en Ourense.

-Orzamento de licitación: 430.331.502 ptas. (catrocentos trinta e nove millóns trescentas trinta e unha mil cincocentas dúas pesetas).

-Prazo de execución: 18 meses.

-Clasificación requirida: grupo C, categoría E.

Exposición de proxectos: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares estará de manifesto na Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento, Secretaría Xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións das dez ás catorce horas. O prego de cláusulas administrativas particulares tamén se poderá examinar nas delegacións provinciais de Educación.

Prazo de presentación de proposicións: comezara o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE e rematará o día 22 de maio de 1995.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por correo, observarase o disposto na cláusula 8.1 do prego das administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada nas cláusulas 8.2, 8.3 e 8.4 do prego das administrativas particulares.

Exame da documentación: a Mesa de Contratación cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación no taboleiro de anuncios desta consellería o resultado da devandita cualificación, co fin de que se reparen, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

Apertura de proposicións: será realizada pola Mesa de Contratación ás 12 do día 29 de maio de 1995 na sala de xuntas desta consellería.

O importe deste anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, de Compostela, 21 de abril de 1995.

Juan J. Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria