Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 1995 Páx. 3.548

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 18 de abril de 1995 pola que se clasifica como cultural a Fundación Casa Museo A Solaina de Piloño.

Advertido erro na devandita orde, publicada no DOG nº 88, do 9 de maio de 1995, cómpre face-la seguinte rectificación:

Na páxina 3.388, onde di:

«DISPOÑO:

Clasificar como cultural a Fundación Casa Museo A Solaina de Piloño, adscribíndoa á Consellería da Presidencia e Administración Pública, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela», debe dicir:

«DISPOÑO:

Clasificar como cultural a Fundación Casa Museo A Solaina de Piloño, adscribíndoa á Consellería de Cultura, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela».