Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 1995 Páx. 3.534

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 6 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, polo que se somete ó trámite de informacion púb1ica o levantamento de actas previas correspondente ó expediente 2861 A.T.

En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, e declarada polo Decreto 57/1995 (Diario Oficial de Galicia nº 45 do 6 de marzo) a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, indicados na relación que se publicou no BOP de Lugo do 23 de marzo de 1994 faise saber a tódolos afectados, pola execución dos proxectos que a seguir se indican, propiedade da empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. con domicilio en Lugo - Cidade de Viveiro, 4.

Liña eléctrica aérea 20 kV ó CT de Vilasindre, no termo municipal de Foz, expediente nº 2861 A.T. que o representante da Administración dará comezo sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no BOP de Lugo do 23 de marzo de 1994 e expostas nos taboleiros oficiais das casas do concello e no desta Delegación Provincial, sita en Lugo, r/ Pascual Veiga, 12-14.

Advírteselles ós interesados afectados, que serán ademais notificados individualmente, sinalándolles días e hora para o levantamento das actas, que poderán formular alegacións por escrito ante esta delegación ata o momento de levanta-las mesmas, para os únicos efectos de rectificar posibles erros na relación dos bens afectados.

Lugo, 6 de marzo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo