Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 1995 Páx. 3.534

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 1995 pola que se convoca o concurso público número 9/1995 para a adquisición de diverso material informático con destino ás distintas dependencias da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Esta consellería resolveu convocar concurso público nº 9/l995 para a adquisición de diverso material informático con destino ás distintas dependencias da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Expte. 9/1995).

1.-Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación. Na forma que sinala a cláusula 7.5-5ª do prego de cláusulas administrativas particulares, específico deste concurso.

2.-Exposición e adquisición de pregos: estarán de manifesto na oficina de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificios San Caetano -Santiago de Compostela- e delegacións provinciais, durante o prazo de presentación de proposicións das 10 ás 14 horas. Para adquirir reproduccións de pregos dirixirse ó teléfono: (981)590711. R/Nueva, nº 19-21. Santiago de Compostela.

3.-Prazo de presentación de proposicións: comézará o día seguinte ó da publicación da presente disposición no Diario Oficial de Galicia e rematará ás 14 horas do vixésimo dia hábil a partir da dita publicación.

4.-Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e na forma legalmente establecida.

5.-Documentación que deberán presenta-los licitadores: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6.-Apertura de proposicións económicas: realizarase o 4º día hábil contado a partir do remate do prazo de presentación de proposición.

7.-Prazo de execución: 1 mes contado a partir do da sinatura do contrato.

8.-Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

9.-Presuposto de licitación: 13.000.000 de ptas.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 1995.

Juan J. Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.