Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 1995 Páx. 3.535

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento de urxencia, para a contratación das obras de reparación e acondicionamento da Residencia de Oleiros, terceira fase.

Esta dirección xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos preceptivos, resolveu anunciar concurso público aberto, trámite de urxencia, para a contratación da seguinte:

Obra: reparación e acondicionamento da Residencia de Oleiros, terceira fase.

Orzamento de contrata; 1995: 220.000.000 ptas.

1996: 250.221.915 ptas.

Total orzamento: 470.221.915 ptas.

Prazo de execución: oito (8) meses.

Clasificación do contratista: grupo, C-K; subgrupo, todos; categoría, F.

Fianza definitiva: 18.808.877 ptas.

Exposición de proxectos:

O proxecto e prego de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse na fotocopistería Copinyno (rúa Xeneral Pardiñas, 2, Santiago de Compostela, teléfono (981) 58 89 38) durante o prazo de presentación de proposicións.

Prazo de presentación de proposicións:

Deberán presentarse, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, antes das 14 horas do décimo quinto día hábil a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deberán presenta-los licitadores:

-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 7.3 do prego de cláusulas administrativas pola que rexe a adxudicación do contrato.

-No sobre da documentación económica: a establecida na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas.

-No sobre da documentación de referencias técnicas: a establecida na cláusula 7.4 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións:

Realizaraa a Mesa de Contratación na sala de xuntas da Dirección Xeral de Servicios Sociais a partir das 10 horas do sexto día natural seguinte ó de cerre do prazo de emisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Anuncios:

O anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 1995.

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais