Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 1995 Páx. 3.531

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1995, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai pública a data do sorteo para determina-la composición dos tribunais que deberán xulga-los procedementos selectivos de acceso e ingreso, así como a adquisición de novas especialidades, dos corpos de mestres e profesores de ensino secundario.

A base común V.22 e 5.2 das ordes do 28 de marzo de 1995, pola que se convocaban procedementos selectivos de acceso e ingreso e adquisición doutras especialidades, ós corpos de mestres e profesores de ensino secundario establecen que os tribunais que xulguen os concurso-oposición estarán integrados por catro vocais designados por sorteo entre funcionarios do corpo e especialidade correspondente. Así mesmo, determínase que, excepcionalmente, cando as características das especialidades así o aconsellen, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá proceder a designar directamente estes vocais.

Resultando necesario facer pública a data e a hora en que terán lugar os sorteos públicos. Esta dirección xeral de persoal,

RESOLVEU:

Primeiro.-O sorteo para determina-los catro vocais e os suplentes correspondentes, que xulgarán o concurso-oposición ó corpo de mestres terá lugar entre funcionarios de carreira deste corpo e da especialidade correspondente, en situación de servicio activo en centros dependentes desta consellería, con destino definitivo ou provisional na provincia en que se celebra o sorteo, o próximo día 9 de maio de 1995 ás 9 horas, nos seguintes lugares:

-C.P. Ramón Otero Pedrayo, polígono Elviña, 1ª fase (zona Monelos) A Coruña.

-Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, r/ Armando Durán, s/n, Lugo.

-Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, r/ Concejo, 13, Ourense.

-Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Avda. de Montero Ríos, 13, Pontevedra.

Segundo.-O sorteo para determina-los catro vocais e os suplentes correspondentes, que xulgarán o procedemento selectivo de acceso e ingreso ó corpo de profesores de ensino secundario terá lugar entre funcionarios de carreira deste corpo, da especialidade correspondente, en situación de servicio activo en centros dependentes desta consellería, con destino definitivo ou en expectativa de destino, o próximo día 23 de maio de 1995, ás 9 horas na sala de xuntas da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sita en San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

Terceiro.-Ante a inexistencia de especialistas de tecnoloxía do corpo de profesores de ensino secundario, os vocais serán designados directamente pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 1995,

Jaime García García

Director xeral de Persoal

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA