Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 1995 Páx. 3.531

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (428/1994).

Gustavo Adolfo Martín Castañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo número 428/1994, por instancia do procurador Ricardo García Piccoli, en representación do Banco Bilbao Vizcaya, contra Antonio Manteiga de Arce e María Dolores Brea López, sobre préstamo, nos que se acordou sacar á venda en primeira e pública poxa, polo prazo de vinte días e logo de valoración por perito, os bens embargados que ó final se describen.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, o día 15 de xuño ás 10 horas, conforme as seguintes condicións:

1. O tipo do remate é o de 13.970.818 pesetas, e non se admitirán posturas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para tomar parte na poxa os licitadores deberán consignar previamente na conta de depósitos deste xulgado, conta numero 1500-17-042894, o vinte por cento do tipo de remate.

3. Poderanse facer ofertas por escrito, en prego cerrado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na conta designada o vinte por cento do tipo do remate.

4. Reservaranse en depósito por instancia do acredor as consignacións dos postores que non resultaren rematantes e o admitan, sempre que cubrisen o tipo da poxa, co fin de que, se o primeiro adxudicatario no cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que os sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

5. Os títulos de propiedade, suplidos con certificación do rexistro, están de manifesto na secretaría do xulgado, debendo os licitadores conformarse con eles, sen que poidan esixir outros.

6. As cargas e gravames anteriores e mailos preferentes, de os haber, ó crédito do actor, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na súa responsabilidade, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

De non haber postores na primeira poxa, sinálase para a segunda o día 13 de xullo, ás 10 horas, nas mesmas condicións cá primeira, excepto o tipo do remate, que será do 75% da primeira; e no caso de resultar deserta a segunda, haberá unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 19 de setembro ás 10 horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Bens obxecto de poxa.

Vivenda letra E, planta 1ª do portal C no lugar do Paxonal, edificio O Paxonal, con praza de garaxe número 38 e rocho 1º E, inscrita no Rexistro da Propiedade número un de Santiago de Compostela, tomo 1021, libro 60, folio 47, predio 5257.

Sirva este edicto de notificación en forma ós demandados para o caso de non teren domicilio coñecido.

Dado en Santiago de Compostela, tres de abril de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA