Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 1995 Páx. 3.519

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de marzo de 1995 pola que se convoca concurso de méritos para cubrir postos de asesores técnico-pedagóxicos en centros de formación continuada do profesorado de niveis non universitarios.

O artigo 8 do Decreto 42/1989, do 23 de febreiro (DOG do 31 de marzo), polo que se regulan os centros de formación continuada do profesorado de niveis non universitarios establece que en cada centro de formación continuada do profesorado existirá un equipo de asesoramento técnico-pedagóxico, constituído por profesores en réxime de dedicación total ou parcial que serán seleccionados mediante concurso público de méritos e nomeados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Unha vez postos en funcionamento os centros de formación continuada do profesorado, cos cadros de persoal correspondente, cómpre renova-lo tercio de asesores técnico-pedagóxicos de cada un deles que establece o citado decreto, á vez que se cobren postos que quedaron vacantes no proceso selectivo anterior e baixas xurdidas sen ter rematado o período de nomeamento.

En consecuencia, e en uso das atribucións que ten conferidas, esta consellería,

DISPÓN:

1. Obxecto:

Convócase concurso de méritos para cubrir 53 postos de asesores técnico-pedagóxicos nos centros de formación continuada do profesorado de niveis non universitarios que se especifican no anexo I desta orde.

2. Concursantes:

Poderán participar neste concurso os profesores e as profesoras de centros públicos de niveis non universitarios, funcionarios de carreira, que reúnan os requisitos xerais fixados no apartado 3 desta orde e os específicos de cada praza relacionados no anexo I.

3. Requisitos:

Os profesores e as profesoras solicitantes deberán reuni-los seguintes requisitos na data de publicación da presente orde:

a) Encontrarse en situación de servicio activo, ou servicios especiais, na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Non estar destinado en comisión de servicios durante o período para o que se solicita a praza.

c) Estar en posesión da especialidade solicitada. No caso das tecnoloxías de información e das técnicas andiovisuais, requírese acreditar te-la formación respectivamente en programas de propósito

xeral (tratamento de textos, xestores de bases de datos, follas de cálculo, editores de texto, etc.) e en conceptos básicos de lectura de imaxe (tipoloxía do plano, composición, encadramento, etc.), que se xustificará mediante certificacións de asistencia a cursos de perfeccionamento do profesorado, así como a participación como relatores en cursos da misma natureza ou ben acreditar a través da dirección do centro, visada polo Servicio da Inspección, experiencia docente ou experiencia no desenvolvemento de programas informáticos ou audiovisuais.

d) Contar cun mínimo de 5 anos de experiencia docente como funcionarios de carreira.

e) Ter impartido ensino, polo menos tres anos, na especialidade, área, ciclo ou materia á que concursa, agás no caso das tecnoloxías da información e das técnicas audiovisuais.

f) Obter como mínimo dous puntos no apartado 7 do baremo que figura como anexo III a esta orde.

4. Instancias e documentación:

4.1. Instancias:

4.1.1. Os participantes no concurso poderán solicitar, como máximo, prazas de dúas especialidades, consignándoas por orde de preferencia, mediante instancia por duplicado axustada ó modelo que se publica no anexo II desta convocatoria. O prazo de presentación de instancias e documentos será de quince días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación de esta orde no Diario Oficial de Galicia.

4.1.2. A instancia, así como a documentación á que se alude no punto 4.2 da presente convocatoria, poderán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (edificios administrativos San Caetano, 15771 Santiago de Compostela), nas delegacións provinciais da consellería ou en calquera das dependencias que sinala o artigo 38.4º da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e dirixiranse á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros.

4.2. Documentación:

Á instancia xuntarase a seguinte documentación:

a) Folla de servicios certificada e pechada o 30 de setembro de 1995.

b) Certificación de posuí-la especialidade solicitada, agás no caso das tecnoloxías de información e das técnicas andiovisuais, que se acreditará a participación en cursos ou a experiencia nos termos sinalados no apartado 3 c).

c) Certificación da dirección do centro, visada polo Servicio de Inspección, de ter impartido ensino, polo menos tres anos, na especialidade, área, ciclo ou materia á que concursa, agás no caso das tecnoloxías da información e das técnicas audiovisuais.

d) Documentación á que se refire o anexo III desta convocatoria, para acreditar, de maneira que faga fe, tódolos servicios e méritos alegados. Aqueles

méritos alegados e non xustificados documentalmente non serán tidos en conta.

e) Proxecto de traballo como asesor técnico-pedagóxico de formación continuada do profesorado, cunha extensión máxima de 20 folios escritos a dobre espacio. Non se valorarán os proxectos que superen a extensión fixada. O proxecto deberá conter unha xustificación desde o desenvolvemento concreto de tarefas que se vaian realizar en relación con cada unha das funcións sinaladas no apartado 8 da presente orde. A comisión de valoración convocará os solicitantes a unha entrevista que versará sobre o proxecto.

5. Compulsa de documentos:

Tódalas fotocopias que se presenten deberán estar debidamente compulsadas.

6.-Resolución do concurso:

6.1. O presente concurso será resolto por unha comisión de valoración formada polos seguintes membros:

-Presidente: o director xeral de Ordenación Educativa e Centros ou persoa en quen delegue.

-Vocais:

a) A subdirectora xeral de Ordenación Educativa ou persoa en quen delegue.

b) A xefa do Servicio de Formación do Profesorado.

c) A xefa do Servicio de Ordenación e Innovación Educativa.

d) Tres membros do Servicio Técnico de Inspección Educativa.

-Secretario:

Un funcionario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que actuará con voz e sen voto.

Cada un dos sindicatos pertencentes á mesa sectorial de educación nomeará unha persoa representante que poderá asistir ás sesións da comisión, con voz e sen voto.

6.2. A comisión poderá dispoñe-la incorporación de asesores especialistas para colaborar na valoración daqueles méritos e/ou proxectos de traballo que coiden pertinentes. Os ditos asesores limitiranse a presta-la colaboración nas especialidades respectivas.

Para os efectos previstos no artigo 26.2º do Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG do 1 de xuño), esta comisión considerarase incluída na categoría segunda.

6.3. Os membros da comisión estarán suxeitos ás incompatibilidades establecidas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6.4. No caso de empate, no total das puntuacións, este dirimirase atendendo sucesivamente ós seguintes criterios:

1º Maior puntuación no apartado 1 do baremo.

2º Maior puntuación no apartado 2 do baremo.

3º Maior puntuación no apartado 3 do baremo.

4º Maior puntuación no apartado 4 do baremo.

5º Maior puntuación no apartado 5 do baremo.

6º Maior puntuación no apartado 6 do baremo.

6.5. A comisión elevará á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a relación ordenada dos concursantes con expresión das puntuacións parciais e total que a cada un lle fosen asignadas, segundo o baremo que figura no anexo III desta orde, e a oportuna proposta de adxudicación de prazas ós concursantes preseleccionados.

6.6. A relación provisional dos preseleccionados farase pública nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e das delegacións provinciais, abríndose un prazo de 10 días para presentar reclamacións. Transcorrido ese prazo, unha vez estudiadas, e, se é o caso, atendidas ditas reclamacións, a comisión seleccionadora remitiralle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a proposta de resolución da presente convocatoria, xunto coa acta definitiva coa expresión das valoracións outorgadas a cada un dos candidatos, así como a relación final das persoas seleccionadas con mención do posto a adxudicar a cada unha delas.

6.7. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria publicará no DOG a resolución definitiva do concurso, que esgotará a vía administrativa. Os concursantes que resulten seleccionados serán nomeados en comisión de servicios polo período establecido no artigo 8.2º do Decreto 42/1989, agás os designados para cubrir vacantes xurdidas, por razóns distintas á prescriptiva renovación por tercios, segundo se establece no anexo I.

6.8. Unha vez publicada a resolución definitiva do concurso non se admitirá solicitude de renuncia a este, salvo situacións de excepcional gravidade. Neste caso a valoración corresponderá á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, que proporá a resolución que proceda.

6.9. As solicitudes consideraranse desestimadas de non quedar resolta a convocatoria no prazo de tres meses desde a data do remate de presentación destas.

6.10. O complemento específico que teñen asignado os asesores e asesoras técnico-pedagóxicos para o presente ano é de 438.656 pesetas anuais.

7. Xornada de traballo:

Os profesores e profesoras que obteñan as prazas obxecto desta convocatoria estarán obrigados a desenvolve-la xornada de traballo de acordo co horario e calendario propostos polo centro de formación continuada e aprobados pola delegación provincial. O horario será de trinta e sete horas e media á semana, distribuídas en trinta horas de permanencia e dedicación directa no centro de formación continuada ou en centros docentes nos que se desenvolvan actividades de formación ou de asesoramento do profesorado, e as restantes, contabilizadas en cómputo mensual, dedicaranse a actividades de formación

permanente ou a outras, de carácter excepcional, necesarias para o desempeño das súas funcións.

8. Funcións dos asesores técnico-pedagóxicos:

Os asesores técnico-pedagóxicos desempeñarán as seguintes funcións:

a) Elaborar, baixo a coordinación da dirección, o plan anual de actividades do centro de acordo coas directrices do plan xeral anual da consellería e do plan provincial, e a memoria anual da súa execución.

b) Prestar asesoramento ó profesorado adscrito ó centro de formación continuada.

c) Dar soporte e coordina-los proxectos experimentais que a Administración lles confíe.

d) Promove-la dinamización pedagóxico-didáctica dos centros de ensino situados no ámbito de actuación do centro de formación.

e) Elabora-lo estudio das necesidades de formación do profesorado dos centros educativos comprendidos no seu ámbito de actuación e programa-las actividades necesarias para a súa satisfacción.

f) Elabora-los materiais didácticos de apoio ó proceso de ensino-aprendizaxe.

g) Valorar, desde a perspectiva da súa utilidade no proceso de ensino-aprendizaxe, os materiais didácticos que vaian incorporando ó centro.

h) Aquelas determinadas polas circulares 18/92 e 19/92 e instruccións da Dirección Xeral de Educación Básica do 16-10-1992 e aqueloutras que se poidan determinar regulamentariamente.

9. Devolución da documentación presentada:

Os interesados ou os seus representantes legais deberán retira-la documentación presentada para acredita-los méritos alegados, na Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (San Lázaro nº 107 - 15771, Santiago de Compostela), no prazo de trinta días pasado un mes desde a publicación no DOG da resolución definitiva do concurso.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria