Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 1995 Páx. 3.516

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1995 pola que se convocan varios cursos dentro do programa de formación para informadores xuvenís, dirixidos ó persoal técnico dos servicios de información xuvenil.

Dentro dos programas de actividades que a Dirección Xeral de Formación e Emprego ten previsto realizar no ano 1995, co obxecto de dar cumprimento ó disposto no Decreto 53/1994, do 4 de marzo, de creación da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, que no seu artigo 7 establece entre as funcións da Consellería de Familia, Muller e Xuventude a de «organizar cursos de formación complementaria do persoal das oficinas e puntos de información xuvenil», e conforme as funcións atribuídas polo Decreto 2/1994, do 13 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, convócanse, conxuntamente coa Dirección Xeral de Xuventude, os cursos que figuran no anexo I, que deberán desenvolverse conforme coas seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. As persoas que desexen participar nos cursos programados deberán solicita-lo no modelo oficial de solicitude que figura como anexo II ó final da convocatoria, cuberta en tódolos seus epígrafes, acompañada dunha fotocopia do DNI. Así mesmo, deberá acreditarse o cumprimento do requisito esixido na base 2 do anexo da convocatoria dos respectivos cursos, mediante certificación expedida polo secretario do concello, asociación xuvenil ou entidade da que dependa o servicio de información xuvenil.

2. A falsidade ou ocultación de datos será motivo de exclusión automática.

Segunda.-Prazo.

O prazo de presentación de instancias finaliza 20 días antes do comezo de cada curso que figura no anexo, agás para o curso que comeza en maio, que rematará o día 19 de maio.

Terceira.-Tramitación de solicitudes.

As instancias irán dirixidas ó director xeral de Xuventude e deberán enviarse á Dirección Xeral de Xuventude, edificios administrativos de San Caetano, bloque 3, 1º piso, 15771 Santiago de Compostela.

Seguidamente efectuarase a selección dos participantes e notificaráselle-la admisión directamente ós interesados.

Cuarta.-Requisitos dos participantes.

Os solicitantes dos diferentes cursos convocados deberán estar prestando servicios en oficinas ou puntos de información xuvenil, extremo que deberán acreditar conforme o disposto no punto primeiro destas bases.

Quinta.-Selección.

Terán preferencia:

-Aqueles aspirantes que non realizasen outro curso de similares características ós convocados e os que

solicitándoos en convocatorias anteriores non obtiveran praza.

-O persoal técnico informador de servicios de información xuvenil oficialmente recoñecidos e integrados na Rede Galega de Información Xuvenil.

-O persoal técnico informador de servicios de información xuvenil de nova creación.

A Dirección Xeral de Xuventude reserva para si a facultade de anular un curso se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa celebración.

Sexta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso cando a súa inasistencia non sexa superior ó 15% das horas lectivas programadas. A superación deste límite, sexa cal sexa a causa, imposibilitará a expedición do certificado e dará lugar á baixa no curso.

ANEXO I

-Curso: de formación básica para responsables de oficinas e puntos de información xuvenil.

1. Obxectivos.

Facilita-la formación introductoria para informadores xuvenís nos puntos de información de Galicia. Proporcionar algúns dos contidos teórico-prácticos, para desenvolver tarefas de organización, clasificación e tratamento da información. Dar a coñece-los elementos fundamentais de cara á orientación na busca dun posto de traballo.

2. Destinatarios.

Persoal técnico de oficinas e puntos de información xuvenil.

3. Desenvolvemento.

Os cursos desenvolveranse en sesións de mañá e tarde conforme o seguinte calendario:

LugaresDatas de celebración

-Centro Coordinador de Información24, 25, 26, 27 de maio

e Documentación Xuvenil-Santiago de Compostela-Centro Coordinador de Información27, 28, 29, 30 de xuño

e Documentación Xuvenil-Santiago de Compostela-Albergue Xuvenil de Gandarío-Bergondo2, 3, 4, 5 de outubro

(A Coruña)-Albergue Xuvenil de Gandarío-Bergondo7, 8, 9, 10 de novembro

(A Coruña)

Duración dos cursos: 30 horas.

Nº de prazas: 30/curso.

-Curso: de marketing e comunicación, e motivación ó autoemprego para oficinas de información xuvenil.

1. Obxectivos.

Coñecer de forma introductoria algúns dos elementos teóricos que dan corpo á intervención

socio-cultural e ó marketing socio-cultural. Traballar e reflexiona-los elementos máis cotiáns e operativos de obtención, tratamento, circulación e clasificación dos documentos e a información. Traballa-las vías de busca de emprego, elaboración de currículums, a entrevista de traballo.

2. Destinatarios.

Responsables técnicos das oficinas e puntos de información xuvenil.

3. Desenvolvemento.

Os cursos desenvolveranse en sesións de mañá e tarde conforme o seguinte calendario:

LugaresDatas de celebración

-Residencia Xuvenil Eijo Caray19, 20, 21, 22 de setembro-Albergue Xuvenil de Gandarío-Bergondo2, 3, 4, 5 de outubro

(A Coruña)-Albergue Xuvenil de Gandarío-Bergondo17, 18, 19, 20 de outubro

(A Coruña)-Albergue Xuvenil Gandarío-Bergondo7, 8, 9, 10 de novembro

(A Coruña)

Duración dos cursos: 30 horas.

Nº de prazas: 30/curso.

-Curso: programas europeos para a mocidade.

1. Obxectivos.

Facilita-la información sobre o abano de programas europeos destinados á mocidade. Dar unha formación básica e práctica sobre aqueles programas máis demandados.

2. Destinatarios.

Persoal técnico de oficinas e puntos de informacion xuvenil.

3. Desenvolvemento.

Os cursos desenvolveranse en sesións de mañá e tarde conforme o seguinte calendario:

LugaresDatas de celebración

-Centro Coordinador de Información9, 20, 21 de xuño

e Documentación Xuvenil-Santiago de Compostela-Centro Coordinador de Información20, 21, 22 de xuño

e Documentación

Xuvenil-Santiago de Compostela-Albergue Xuvenil de Gandarío-Bergondo16, 17, 18 de outubro

(A Coruña)-Albergue Xuvenil Gandarío-Bergondo17, 18, 19 de outubro

(A Coruña)

Duración dos cursos: 24 horas.

Nº de prazas: 30.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 1995.

Celso Currás Fernández

Director xeral de Formación e Emprego