Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 1995 Páx. 3.516

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 14 de marzo de 1995 pola que se regulan as axudas para a creacion de empregos suplementarios e a contratación de servicios públicos con empresas de economía social constituídas por mozos, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo e a Comunidade Autónoma para 1995.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no DOG número 64, do 31 de marzo de 1995, debe facerse a oportuna corrección:

-Na páxina 2.488, no artigo 6, onde di: «... da seguinte documentación:

a) Copia auténtica do DNI da persoa que asina a solicitude e, se é o caso, poder bastante para actuar en nome da sociedade debidamente inscrito no Rexistro Mercantil.

b) Fotocopia compulsada do NIF.

c) Ficha de transferencia bancaria en modelo oficial, que será facilitada nas respectivas delegacións provinciais.

d) Certificado bancario de existencia de conta...»; deberá dicir: «... da seguinte documentación:

a) Copia auténtica do DNI da persoa que asina a solicitude e, se é o caso, poder bastante para actuar en nome da sociedade debidamente inscrito no Rexistro Mercantil.

b) Fotocopia compulsada do NIF.

c) Ficha de transferencia bancaria en modelo oficial, que será facilitada nas respectivas delegacións provinciais.

d) Certificado bancario de existencia de conta.

e) Fotocopia do DNI dos traballadores que se pretenden contratar.

f) Fotocopia da tarxeta de demanda de emprego e/ou declaración xurada do/s traballador/es da súa situación real de desemprego que se someterá a comprobación, previa á concesión da subvención, por parte dos servicios da Consellería de Familia, Muller e Xuventude...».

-Na páxina 2.489, no artigo 18.1º, onde di: «... o 50% ó inicio da acción, logo de presentación do contrato e alta do traballador na Seguridade Social, así como os documentos seguintes:

a) Fotocopia do DNI do/s traballador/es que se pretende/n contratar.

b) Fotocopia da tarxeta de demanda de emprego e/ou declaración xurada do/s traballador/es da súa situación real de desemprego que se someterá a comprobación, previa á concesión da subvención por parte dos servicios da Consellería de Familia, Muller e Xuventude...»; deberá dicir: « .. O 50% ó inicio da acción, logo de presentación do contrato e alta do traballador na Seguridade Social...».