Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 1995 Páx. 3.472

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle da U.E. III-05 - Pastora.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, en sesión do día 3 de marzo de 1995, o estudio de detalle na U.E. III-5-Pastora, sométese a exposición pública, polo prazo de 15 días hábiles, mediante inserción de anuncios no DOG, BOP, prensa e taboleiro de anuncios da Casa do Concello, con notificacións individuais ós propietarios do ámbito.

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación, ata o remate do prazo indicado, contado desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

A documentación atópase na oficina municipal de información para exame e alegacións.

Vigo, 7 de abril de 1995.

Carlos A. González Príncipe

Alcalde