Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 1995 Páx. 3.470

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARBO

ANUNCIO.

Polo presente anuncio sométese a trámite de información pública, por espacio de 10 días, contados a partir da data de publicación deste anuncio no BOP o proxecto redactado polo enxeñeiro técnico de Obras Públicas Carlos Gil Suárez, referentes á

seguinte obra, incluída no programa operativo local POL/95 denominada Ampliación de colectores Arbo-Estación, cun orzamento de 14.500.000 ptas.

Os interesados poderán consulta-lo expediente na secretaría do concello e presenta-las súas alegacións, dentro do prazo sinalado.

Así mesmo, advírtese da exposición o público por espacio de 8 días, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP do prego de condicións económico-administrativas que rexerá a contratación da obra antes sinalada, -polo procedemento de concurso público-, aprobado por resolución da alcaldía do 18 de abril de 1995, co fin de que se poidan presenta-las reclamacións que se consideren oportunas.

Simultaneamente anúnciase o concurso público polo trámite de urxencia, se ben a licitación aprazarase cando resulte necesario, no suposto de presentarse reclamacións contra o proxecto ou prego de condicións.

Obxecto: convócase concurso para a execución da seguinte obra: Ampliación de Colectores Arbo-Estación.

Tipo de licitación: 14.500.000 ptas.

Prazo de execución: 3 meses.

Pagamentos: realizaranse unha vez presentada e aprobada a certificación ou certificacións de obra polo órgano competente.

Fianza: a provisional será do 2% do orzamento da obra e a definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Criterios base da adxudicáción: versarán sobre melloras no prezo, prazo de execución, solucións técnicas que melloren o proxecto aprobado e outras modificacións que, sen menoscabo no establecido no prego de condicións, poidan convir á mellor realización do obxecto do contrato.

Presentación de proposicións:

Primeira.-As proposicións presentaranse na secretaría do concello, en horas de oficina durante o prazo de 10 días contados desde a inserción do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia.

Segundo.-Presentaranse en dous sobres diferentes pechados coa sinatura do presentador no reverso, e, nas portadas deberá figura-la inscrición: proposición para tomar parte no concurso público das obras de Ampliación de colectores Arbo-Estación. Un dos sobres subtitularase coa inscrición de proposición económica, e o outro coa de documentación administrativa, debendo contar ámbolos dous os seguintes documentos:

1.-Sobre de «proposición económica»

a) A proposición económica suxeitarase ó modelo que a continuación se transcribe e a súa presentación presume a aceptación incondicionada polo contratista das cláusulas do prego.

MODELO

Don/a..., con domicilio en..., e DNI núm..., en plena posesión da súa capacidade xurídica e de obrar, en nome propio ou en representación de..., fai constar:

Informado/a do prego de condicións, proxecto, orzamento e demais documentos do expediente aprobado por ese concello para rexir no concurso público para contrata-las obras de «...», comprométese á súa execución, con suxeición ós mesmos, polo importe de... pesetas (letra e número) IVE incluído.

Así mesmo, declara reunir todas e cada unha das condicións esixidas para contratar con esta entidade local. Facendo constar que non está incurso en ningún dos supostos de incompatibilidade ou incapacidade establecidos na Lei de contratos do Estado.

En... o... de... 199...

Sinatura,

2.-Sobre de «documentación administrativa»

a) Resgardo acreditativo de fianza provisional.

b) Declaración na que o licitador afirme, baixo a súa responsabilidade, non atoparse comprendido en ningún dos casos de incapacidade e incompatibilidade establecidos na lexislación vixente.

c) Documentos que acrediten a personalidade xurídica. Documento nacional de identidade, no caso de que o licitador sexa persoa física que actúa por si mesma.

Poder con verificación da súa suficiencia pola súa conta, polo secretario da corporación se se obra en representación doutra persoa ou entidade, podendo ser substituído o poder por testemuño notarial.

Escritura de constitución da sociedade mercantil inscrita no Rexistro Mercantil, cando concorra unha sociedade desta natureza.

d) Xustificante do imposto sobre actividades económicas do epígrafe que lle faculte para contratar.

e) Xustificante de estar ó día do pagamento da cota da Seguridade Social.

f) Declaración de estar ó día no cumprimento das súas abrigas tributarias, na forma establecida no Real decreto 1462/1985, do 3 de xullo.

Terceiro.-Apertura de proposicións: terá lugar na Casa do Concello ás 12 horas do día seguinte hábil o do remate do prazo sinalado.

Arbo, 19 de abril de 1995.

Manuel Rivera Domínguez

Alcalde