Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 1995 Páx. 3.472

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 3 de marzo de 1995 polo que se fai público o nomeamento de xuíz de paz substituto de Cee.

A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa reunión do día 3 de marzo de 1995, acordou nomear por un período de catro anos a Joaquín Muíño Pasantes xuíz de paz substituto

de Cee (A Coruña), concello desta Comunidade Autónoma, nomeamento que se fai entre os participantes no concurso que para cubri-la dita praza convocou esta sala de goberno e dado que o concello no seu día non elixiu persoa ningunha para o desempeño de tal cargo.

Contra este acordo os interesados poderán presentar recurso de alzada dentro dos 15 días seguintes á publicación deste edicto perante o Consello Xeral do Poder Xudicial.

Os xuíces de paz nomeados deberán prestar xuramento ou promesa na forma que expresa o artigo 101.5º da Lei orgánica do poder xudicial perante o xuíz de primeira instancia e instrucción respectivo no prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia e, posteriormente, no prazo de 3 días tomará posesión no Xulgado de Paz para o que son nomeados, perante quen estea exercendo a xurisdicción.

Os xuíces de paz nomeados que estean incursos nalgunha incompatibilidade deberán optar dentro do prazo de oito días pola praza que lles interese.

A Coruña o tres de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

Vicente Fernández Riera

Secretario de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia