Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 1995 Páx. 3.454

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 1995, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza a modernización e mellora dos equipos electromecánicos e dos dispositivos de protección, telemando e control da central hidroeléctrica de Fervenza, no río Xallas, en Dumbría (A Coruña), e se aproba o proxecto de execución destas instalacións. (Expediente 34/1994).

Ferroatlántica, S.L., con domicilio para efectos de notificacións na rúa Bergara nº 3 de Barcelona, solicitou autorización administrativa e a aprobación do proxecto para a modernización e mellora dos equipos electromecánicos e dos dispositivos de protección, telemando e control da Central Hidroeléctirca de Fervenza, situada a pé da presa do mesmo nome, no río Xallas, dentro do termo municipal de Dumbría (A Coruña).

Resultando que a concesión do caudal de 16.000 1/seg. do citado río, así como a creación dun encoro regulador de 104.000.000 de m de capacidade que afecta os termos municipais de Dumbría, Vimianzo, Zas, Santa Comba e Mazaricos, todos da provincia da Coruña, outorgouse mediante a resolución da Dirección Xeral de Obras Hidráulicas do Ministerio de Obras Públicas do 22 de outubro de 1958, á empresa Sociedad Española de Carburos Metálicos, S.A.

Resultando que segundo Resolución do 21 de marzo de 1994 da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, organismo competente na actualidade (Real decreto 2792/1986, do 30 de decembro), a sociedade Ferroatlántica, S.A., xunto con Banesto Leasing, S:A.F., S.A., pasan a ser cotitulares subrogados conxunta e solidariamente nos dereitos e obrigas das concesións dos aproveitamentos hidroeléctricos dos que era titular a empresa Sociedade Española de Carburos Metálicos, S.A. Entre os aproveitamentos tranferidos están os citados encoro e salto de Fervenza.

Resultando que o proxecto consiste na modernización, automatización e integración no sistema de telecontrol da sociedade das instalacións electromecánicas da central, consistentes basicamente en:

-Turbina tipo Francis, de eixe vertical, de 3.600 kW, para un caudal máximo de 16.000 l/s, e un salto neto máximo de 25,39 m.

-Un alternador de 6.000 kVA, a 6.000 V e 272 r.p.m.

-Un transformador de potencia de 6.000 kVA e tensións de 6.000/30.000 V.

-Equipos de protección, sinalización, control e telemando da central.

Resultando que a solicitude se someteu a trámite de información pública, para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, aplicable a este expediente en virtude do que establece a alínea 2 da disposición transitoria segunda da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, mediante Resolución do 20-10-1994 da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña publicada no DOG do 28-11-1994 e no BOP da Coruña do 24-11-1994 e no taboleiro de anuncios da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio citada, non presentándose, no período establecido para iso, alegación nin oposición ningunha.

Resultando que segundo o Decreto 327/91, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG do 15-10-1991), se esablece a obriga de redactar declaración de efectos ambientais, con carácter previo a ser emitida polo órgano substantivo a resolución administrativa a adoptar para a autorización da actividade. Non obstante no presente caso, por tratarse só da modernización das instalacións electromecánicas dunha explotación en funcionamento, o proxecto inicial das cales non foi

obxecto de declaración de efectos ambientais, e non existir incidencia ningunha, coa súa realización, sobre o medio ambiente, non é preciso que o órgano ambiental formule a citada declaración de efectos ambientais.

Considerando que a Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con base no Estatutuo de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 140/1991, do 2 de maio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e co Real decreto 3275/1982, do 12 de novembro, que aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación.

Considerando que se cumpriu a tramitación regulamentaria disposta no citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro e Real decreto 3275/1982, do 12 de novembro, e que a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto referido se encontra informada favorablemente polo delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña.

Esta dirección xeral,

RESOLVE:

1.-Autorizar á empresa Ferroatlántica, S.L. a modernización e mellora dos equipos electromecánicos e dos dispositivos de protección, telemando e control da Central Hidroeléctrica de Fervenza, situada no río Xallas, concello de Dumbría (A Coruña).

2.-Aproba-lo proxecto de execución das instalcións electromecánicas necesarias para as actuacións fixadas no parágrafo anterior.

Queda obrigada a empresa titular das instalacións a notifica-lo comezo e remate das obras, para a súa inspección e autorización de posta en marcha, podendo a Administración autónoma deixar sen efecto a presente resolución, logo do oportuno expediente, no momento en que observe incumprimento dos regulamentos e condicionantes técnicos e de seguridade establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións competentes para o efecto para o aproveitamento hidroeléctrico do río Xallas, coa instalación da central hidroeléctrica citada e melloras autorizadas.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso ordinario, perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo de un mes contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA