Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 1995 Páx. 3.445

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 11 de abril de 1995 pola que se regula a concesión de subvencións a organizacións de consumidores e usuarios, para actividades de información, educación e defensa do consumidor e usuario.

A convocatoria de subvencións constitúe unha medida adecuada para promove-las accións de información, educación e defensa dos intereses dos consumidores, favorecendo ó mesmo tempo a colaboración das asociacións coa consellería neste obxectivo común.

En virtude disto e de conformidade cos artigos 27 e concordantes do Estatuto galego do consumidor e usuario e o Decreto 95/1984, do 24 de maio, sobre rexistro de organizacións de consumidores e usuarios de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1º

As organizacións de consumidores e usuarios da Comunidade Autónoma de Galicia poderán ser beneficiarias de subvencións para actuacións de promoción e defensa dos consumidores e usuarios galegos durante o ano 1995, con cargo á aplicación orzamentaria 08.03.343A.480.00 de orzamentos xerais desta Comunidade Autónoma, para 1995.

As ditas concesións estarán limitadas polos créditos dispoñibles para este fin.

Para que as organizacións de consumidores e usuarios poidan beneficiarse das subvencións ás que fai referencia o artigo 2º desta orde, deberán estar inscritas na Sección Xeral do Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia a que se refire o Decreto 95/1984, do 24 de maio, e ademais deberán cumpri-las seguintes condicións:

a) Dispoñer de oficina aberta ó público 4 horas diarias como mínimo e contar cun rótulo no que conste de maneira destacada o obxecto da oficina.

b) Facilitarlle ó público información e asesoramento sobre os seus dereitos como consumidor e a forma de exercelos.

c) Atende-las consultas, reclamacións e denuncias dos consumidores e usuarios colaborando a tal fin cos servicios de consumo dependentes desta consellería.

Artigo 2º.-Obxecto.

O obxecto das subvencións a que se refire o artigo anterior será o seguinte:

a) Gastos de funcionamento, equipamento e infraestructura das oficinas de información ó consumidor.

b) Utilización de servicios técnicos xurídicos, concertados con profesionais, que resulten precisos para o desenvolvemento das actividades de información,

asistencia e mediación en conflictos ou litixios de consumo.

c) Organización e participación en sesións informativas, xornadas, cursos e seminarios relacionados co consumo.

d) Realización de traballos monográficos, publicacións e enquisas sobre temas de consumo.

e) Participación en certames feirais.

f) Promoción e funcionamento, do sistema arbitral de consumo e participación dos socios como árbitros en procedementos desenvolvidos pola Xunta Arbitral de Consumo de Galicia.

g) Cooperación coa Dirección Xeral de Comercio e Consumo no programa europeo «litixios transfronteirizos».

Terase en conta de maneira preferente o apartado f) deste artigo.

Artigo 3º.-Solicitudes e documentación.

1. As solicitudes de subvención presentaranse conforme o modelo normalizado do anexo I, na Dirección Xeral de Comercio e Consumo ou nas delegacións provinciais da Consellería de Industria e Comercio, sendo en todo caso de aplicación o disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembre de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación será de trinta días naturais contados a partir do día seguinte o da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes irán acompañadas coa seguinte documentación por triplicado:

a) Memoria das actividades realizadas pola organización durante o exercicio anterior.

b) Proposta descritiva de cada unha das accións e programas específicos que se pretenden realizar, coa súa valoración. (Anexo II).

c) Certificación do secretario/a da organización na que conste que está inscrita na Sección Xeral do Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia, número e data de inscripción.

d) Certificación do secretaria/o da organización onde conste o número de socios. (Anexo III).

e) Balance da situación económica a 31 de dececembro de 1994, onde se farán consta-los ingresos e os gastos, agrupados por partidas específicas segundo a súa orixe e finalidade. (Anexo IV).

f) Declaración de axudas concedidas ou solicitadas a outros organismos para a mesma finalidade pretendida. (Anexo V).

g) Certificacións xustificativas de estar ó día nas obrigas fiscais e coa Seguridade Social e certificación acreditativa de non ter contraída ningunha débeda, por ningún concepto, coa Xunta de Galicia.

h) Certificación do secretario/a da organización na que se faga consta-lo horario no que a oficina permanece aberta ó público para atende-las consultas, reclamacións e denuncias de consumidores e usuarios que se lles presenten, e que será polo menos de catro horas diarias.

i) Certificación do secretario/a da organización sobre o organigrama xerárquico e funcional da oficina de información ó consumidor.

j) Se a axuda está destinada á realización dos distintos programas de actividades ós que se alude nos apartados c), d), e), f) y g) do artigo 2º, memoria explicativa da actividade que se vai desenvolver, na que se incluirá, ademais do que figura no anexo VI, o seguinte:

-Obxectivos que persegue a actividade que se pretende realizar.

-Se é o caso, lugar, data da celebración e duración prevista dela.

-Equipo humano responsable do proxecto.

-Orzamento detallado de gastos.

-Programa provisional.

-Destinatarios e número de persoas beneficiarias da actividade.

-E demais documentación que se considere necesaria pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Artigo 4º.-Contía.

A contía das subvencions axustarase ós seguintes criterios:

a) Para gastos de funcionamento, equipamento e infraestructura das oficinas de información ó consumidor ata un 70% do custo, cun máximo de 1.000.000 de ptas.

b) Por utilización de servicios técnicos xurídicos, concertados con profesionais, que resulten precisos para o mellor desenvolvemento da acción social pretendida, ata un 70% do custo, cun máximo de 1.000.000 de ptas.

c) Organización e participación en sesións informativas, xornadas, cursos e seminarios sobre consumo, ata un 50% do custo, cun máximo de 500.000 ptas. por actividade.

d) Realización de traballos monográficos, publicacións, enquisas, etc. sobre consumo, ata un 70% do custo, cun máximo de 1.000.000 de ptas.

e) Por participación en certames feirais ata un 50% do custo, cun máximo de 300.000 ptas. por participación.

f) Promoción e funcionamento do sistema arbitral de consumo e participación dos socios como árbitros en procedementos desenvolvidos pola Xunta Arbitral

de Consumo de Galicia, ata un 75% do custo, cun máximo de 1.000.000 de ptas.

g) Cooperación no proxecto europeo «litixios transfronteirizos» ata 75% do custo, cun máximo de 1.000.000 de ptas.

Artigo 5º.-Criterios de adxudicación.

As subvencións ás organizacións de consumidores outorgaranse atendendo ós criterios seguintes:

a) Implantación territorial da organización solicitante e da acción que se vai realizar.

b) Aportación da propia asociación para levar a cabo os programas.

c) O grao de adecuación dos programas ó plan de actuacións da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

d) Número de reclamacions que lle foron presentadas e as tramitadas, así como as denuncias efectuadas pola propia asociación.

e) Investigación ou estudios realizados sobre temas de consumo.

f) Presencia nos medios de comunicación co fin de desenvolve-la súa actividade de información ós cidadáns como consumidores.

Artigo 6º.-Resolución.

1. As subvencións serán compatibles con calquera outra axuda que puidesen outorgarse para tales fins, e sempre que o importe total subvencionado non exceda do custo da actividade que vaia desenvolve-lo beneficiario e da porcentaxe máxima establecida nesta orde; no caso contrario procederá o reintegro do exceso percibido á Administración autonómica, sen prexuízo doutras responsabilidades que puideran derivarse.

2. Unha vez examinada a documentacion e logo informe técnico, o delegado provincial, conforme o establecido no Decreto 88/1990, do 15 de febreiro, sobre desconcentración de competencias para a concesión de axudas e subvencións nos delegados provinciais ou territoriais da Xunta de Galicia, dictará a resolución que proceda.

Entenderanse desestimadas aquelas solicitudes sobre as que non recaia resolución expresa no prazo de tres meses desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes, quedando expedita a vía contencioso-administrativa.

A resolución será notificada ós beneficiarios no prazo de 10 días a partir da data na que se dicte.

Artigo 7º.-Pagamento.

a) Para aquelas que non superen o importe de 1.000.000 de pesetas poderase acordar na resolución, un anticipo de pagamento máximo do 75%.

b) Nos demais casos poderán acordarse pagamentos parciais a medida que o beneficiario xustifique os gastos a conta da liquidación, de ata o 70% da subvención.

Artigo 8º.-Xustificación.

Para a xustificación da subvención concedida, a organización de consumidores e usuarios deberá presentar antes do 15 de novembro de 1995 a seguinte documentación por triplicado:

a) Relación numerada e circunstanciada das facturas xustificativas do gasto realizado, e os documentos de pagamento correspondentes. (Anexo VII).

b) Memoria explicativa da realización das actividades ou programas subvencionados.

c) Memoria analítica dos resultados obtidos.

Artigo 9º.-Obrigas.

As organizacións que reciban axudas das establecidas nesta orde deberán remitirlle, trimestralmente ou, se é o caso, mensualmente, á Dirección Xeral de Comercio e Consumo informe relativo ás actuacións realizadas, enchendo para tal efecto as fichas que correspondan, e que figuran nos anexos VIII (partes periódicos), IX (consultas) e X (reclamacións e denuncias).

A Dirección xeral de Comercio e Consumo e as delegacións provinciais da consellería prestarán a colaboración que sexa precisa para o mellor desenvolvemento das accións ou programas subvencionados.

Artigo 10.-Control.

A Dirección Xeral de Comercio e Consumo poderá realiza-las comprobacións que coide oportunas respecto ás axudas económicas concedidas e terá acceso a toda a documentación xustificativa delas.

No caso de que o beneficiario da subvención incumprise algunha das condicións e obrigas estipuladas, a Consellería de Industria e Comercio instruirá expediente sancionador conforme o previsto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Procederá o reintegro da axuda percibida e os xuros de demora nos supostos previstos no apartado 5 do artigo 78 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia. As cantidades a reintegrar terán a consideración de ingresos de dereito público e resultará de aplicación para o seu cobro o previsto nos artigos 19 a 23 da devandita lei.

Artigo 11º.

Con independencia do establecido na presente orde aplicarase en todo caso o disposto na Lei 11/1992, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, na Lei 6/1994, do 29 de decembro, de pre

supostos xerais da Comunidade Autónoma galega para o ano 1995 e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

Facúltase o director xeral de Comercio e Consumo para dicta-las disposicións oportunas para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 1995.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO VIII

PARTES PERIÓDICOS

Trimestrais

1. Organización e participación en sesións informativas, xornadas, cursos e seminarios relacionados co consumo.

(Especificar obxectivos; lugar, data e duración; persoas encargadas do proxecto; programa provisional e destinatarios das actividades).

2. Realización de traballos monográficos sobre temas de consumo.

(Especificar características do traballo, Ex.: imprenta, medios audiovisuais, etc.).

3. Publicacións.

(Especificar tipo de publicación, título, nº de páxinas, periodicidade, etc. e medios para a súa edición e distribución).

4. Participación en certames feirais.

(Especificar nome do certame e días de celebración, nº de stands e persoas que participen nel).

5. Promoción do Sistema Arbitral de Consumo.

(Especificar actividade realizada).

6. Participación (dos asociados) como árbitros, nos procedementos de arbitraxe da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia.

(Especificar nome dos árbitros e procedementos nos que interveñan).

7. Cooperación coa Dirección Xeral de Comercio e Consumo no Proxecto Europeo sobre «litixios transfronteirizos».

(Especificar litixio e actividades realizadas pola asociación para a súa solución).

ANEXO IX

CONSULTAS ATENDIDAS

Folla semanal de: data a data mes de

Nº de consultas % de efectividade

Por carta ou fax

Por teléfono

Persoalmente

Desagregación por materias

Nº de consultas % de efectividade

Administración/

Servicios públicos

Alimentación

Alugueiro de vivendas

Automóbiles e accesorios

Equipamento da vivenda

Estacións de servicio

Hifi-video

Electrodomésticos

Xoiería-reloxería

Xogos-loterías

Marroquinería-artículos de viaxe

Mobles

Roupa e textiles

Seguros (vida, automóvil,

fogar)

Servicios financeiros

Servicios sanitarios e

asistanciais

Teléfono

Multipropiedade

Venda por correo

Viaxes/lecer

Vivenda (compra)

Outros (especificar)

ANEXO X

RECLAMACIÓNS E DENUNCIAS

Folla semanal de: data a data mes de

Reclamacións de denuncias (clasificación por productos e servicios).

Nº (total con desagregación de productos e servicios).

Organismo ó que se lle da traslado.

Cantidade de reclamacións e denuncias resoltas.

Cantidade de reclamacións e denuncias en curso (pendentes de solución).