Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 1995 Páx. 3.440

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 28 de abril de 1995, pola que se clasifica como docente a fundación Campus Universitario de Lugo.

Visto o expediente de clasificación da fundación Campus Universitario de Lugo con domicilio en Lugo.

Supostos de feito.

Primeiro.-Que Luis Abelleira e Vicente Silva Meilán, na súa calidade de presidente e secretario da fundación, en escrito do 3 de abril de 1995, formularon solicitude de clasificación dela para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Segundo.-Que a fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Lugo, o día 30 de marzo de 1995 ante o notario do Ilustre Colexio da Coruña Javier de Lucas y Cadenas, co número oitocentos noventa e sete do seu protocolo, por Francisco Cacharro Pardo, Luis Abelleira Mayor e Guillermo Sánchez Vilariño, no seu propio nome e dereito e ademais Francisco Cacharro Pardo en nome representación da Deputación Provincial de Lugo. Con data 19 de abril de 1995 otorgouse escritura emendatoria e complementaria da anterior.

Terceiro.-Que, segundo consta no artigo 4 dos seus estatutos, o obxecto da fundación é fomentar, promocionar e colaborar, executando as actividades ou poñendo os medios necesarios para contribuír á consecución dos fins e obxectivos do campus universitario de Lugo, así como á implantación de novos estudios e actividades universitarias.

Cuarto.-Que o padroado da fundación estará constituído por Luis Abelleira Mayor, en representación da Cámara de Comercio como presidente, Francisco Cacharro Pardo, en representación da Deputación Provincial de Lugo como vicepresidente primero, Guillermo Sánchez Vilariño, en representación da Confederación de Empresarios de Lugo, como vicepresidente segundo, Vicente Silva Meilán, en representación da Cámara de Comercio como secretario e José Constantino Núñez, en representación da Cámara de Comercio como tesoureiro.

Quinto.-Que a comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevan ó consellerio da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como docente da funcación Campus Universitario de Lugo, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumprídose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 18 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como docente e a súa adscrición á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior,

de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Que o artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e que o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia lle outorga competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

Segundo.-Que, de acordo co disposto no artigo 32.2º.c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, corresponde a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Terceiro.-Que, á vista do que antecede, se poden considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias, establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 24 de abril de 1995.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como docente a fundación Campus Universitario de Lugo, adscribíndoa á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública