Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 1995 Páx. 3.439

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 1 de marzo de 1995 sobre autorización de apertura dunha sucursal da axencia de viaxes Viajes Nogal Tour, S.A. sita na rúa Montero Ríos, 38-1 Esq. de Santiago de Compostela.

Visto o expediente instruído por instancia de Jesús Francisco Arez Vázquez, na súa calidade de apoderado, en solicitude de establecemento na r/ Montero Ríos, 38-1º Esq. de Santiago de Compostela, dunha sucursal da axencia de viaxes Viajes Nogal Tour, S.A. con sede central en Madrid, r/ Bravo Murillo, 101, C.I.C. MA 200.

Resultando que entre a documentación aportada coa referida solicitude, existe unha copia do contrato de prestación de servicios entre a axencia e a persoa que exercerá o cargo de director, e copia da documentación acreditativa da dispoñibilidade do local.

Resultando que o director está legalmente capacitado para desempeña-lo dito cargo.

Resultando que, da análise do expediente conclúese que Viajes Nogal Tour, S.A. dispón dunha fianza suficiente segundo o establecido no artigo 15 do Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Considerando que, o Servicio de Inspección emitiu informe sobre o estado e equipamento do local, acreditando que reúne as condicións suficientes para poder exerce-la actividade de sucursal de axencia de viaxes.

Considerando que no trámite do expediente cumpríronse as formalidades de rigor e xustificáronse tódolos extremos que fixan o artigo 5, apartados b,c,d; e os artigos 10 e 15 do citado decreto.

Considerando os antecedentes expostos, disposicións legais invocadas e demais normas de aplicación.

Esta consellería resolve autorizar á axencia de viaxes Viajes Nogal Tour, S.A. con sede central en Madrid, o establecemento dunha sucursal na r/ Montero Ríos, 38-1º Esq. en Santiago de Compostela, quedando inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública