Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 09 de maio de 1995 Páx. 3.424

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 1995 pola que se resolve a convocatoria, polo sistema de libre designación, para cubrir un posto de traballo vacante nesta corporación, publicada no Diario Oficial de Galicia número 47, do 8-3-1995.

De conformidade co establecido no Regulamento de provisión de postos de traballo aprobado por acordo plenario desta corporación do 24-4-1992, resolvín designa-la funcionaria que de seguido se expresa para cubri-lo posto que así mesmo se indica, polo sistema de libre designación, convocada no Diario Oficial de Galicia nº 47, do 8-3-1995:

Posto de traballo: secretario/a da viceintervención.

Adscrición: intervención xeral.

Apelidos e nome: Andión Fernández, Mª Asunción.

DNI: 32.428.641.

O cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días, contados a partir da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión deberase realizar no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que preste os seus servicios a funcionaria, ou no prazo de un mes se se trata de distinta localidade.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nos termos e prazos sinalados na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, logo da comunicación a esta presidencia, conforme o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 25 de abril de 1995.

Salvador Fernández Moreda

Presidente

José Luis Almau Supervía

Secretario