Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 09 de maio de 1995 Páx. 3.424

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

REAL ACADEMIA DE BELAS ARTES NOSA SEÑORA DO ROSARIO

ANUNCIO.

A Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario anuncia a provisión de dúas vacantes de académico de número, unha na Sección de Pintura e Gravado e outra na de Competentes nas Artes. Os candidatos deberán residir en Galicia e, en caso de non teren nacido na Comunidade de Galicia, deberán acreditar seis anos de residencia nela.

As persoas que polas súas actividades a prol da arte se consideren en posesión das condicións esixidas para aspirar a estas prazas deberán acredita-los seus méritos mediante presentación do seu respectivo curriculum vitae, e terán de ser propostas, cada unha delas, por tres académicos de número, dentro do prazo de un mes a partir da publicación do presente anuncio.

Domicilio da Academia: Praza do Pintor Sotomayor, s/n, 15001, A Coruña.

A Coroña, 20 de marzo de 1995.

O presidente

Rubricado