Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 09 de maio de 1995 Páx. 3.423

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 1995, da Dirección Médica do C.A.P. quinta sectorial de Santiago, pola que se anuncia o concurso público número 1/1995 para a contratación do servicio de limpeza e desinfección do ambulatorio Concepción Arenal.

A Dirección Médica do C.A.P. 5ª sectorial de Santiago, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191, do 3 de outubro), en relación o disposto no apartado c, do artigo 6 do Decreto 148/1991, do 2 de maio, polo que se establecen os órganos de dirección e colexiados dos hospitais da Comunidade Autónoma de Galicia dependentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e xestionados polo Sergas, e se determinan as súas funcións, convoca o concurso público nº 1/1995.

I.-Obxecto e orzamento: contratación do servicio de limpeza e desinfección do ambulatorio Concepción Arenal, por un orzamento total máximo para oito meses de trece millóns seiscentas mil pesetas (13.600.000 ptas.), IVE incluído. Máximo mensual: un millón setecentas mil pesetas (1.700.000 ptas.).

II.-Prazo de execución: a prestación do servicio deberá comezar no prazo de 30 días, como máximo, a contar desde a data de notificación da adxudicación e rematará o 31 de decembro de 1995.

III.-Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria, pódense solicitar na Sección de Contratación Administrativa do C.A.P 5ª sectorial, Santiago León de Caracas 12-15701 Santiago, en días laborais dende as 9.00

ata as 14.00 horas no teléfono nº (981) 59 36 23 e fax nº (981) 59 08 26.

IV.-Fianzas: provisional, o 2% do orzamento de licitación (272.000 ptas.), que se constituirá segundo o disposto no artigo 112 da L.C.E. e 340 do seu reglamento.

V.-Clasificación: os licitadores deberán presentar certificado no que conste a debida clasificación no grupo III, subgrupo 6, categoría B.

VI.-Presentación de proposicións: as proposicións, asinadas polo licitador ou persoa que o represente, deberanse presentar en man, en sobres pechados e lacrados, no rexistro xeral do C.A.P. 5ª sectorial, antes das 13.00 horas do vixésimo día hábil contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo do xeito indicado no artigo 100 do R.X.C.E.

VII.-Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas realizaraa a Mesa de Contratación reunida en acto público, na sala de xuntas do C.A.P. 5ª sectorial ás 10.00 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

VIII.-Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

IX.-Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán de conta do adxudicatorio do contrato.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 1995.

Jesús Verea Seoane

Director Médico do C.A.P. quinta sectorial

de Santiago de Compostela