Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 09 de maio de 1995 Páx. 3.419

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

CÉDULA de citación (229/1992).

En virtude do acordado pola xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa, en acordo do día da data, resolto en autos de nomeamento de contador parrtidor número 229/1992, en demanda formulada por María del Carmen Guzmán Liste e Mª Carmen Maceira Guzmán, cítase ós irmáns Isabel, Enrique, José-Carlos, Jesús-Manuel e Luz Lamego Maceira e a Manuel Lamego Furelos, en paradoiro descoñecido, por cédula de citación no Diario Oficial de Galicia para que comparezan para a práctica de nomeamento de contador partidor dativo o próximo día 24 de maio ás dez horas da mañá na sala de audiencia deste xulgado de Arzúa.

E para que así conste e sirva de citación ós interesados en paradorio descoñecido, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido a presente cédula en Arzúa o vinteoito de abril de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado