Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 09 de maio de 1995 Páx. 3.419

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE MUROS

EDICTO (42/1995).

María del Carmen Isasi Varela, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Muros (A Coruña) e o seu partido, fai saber:

Que por resolución do día da data dictada nos autos de xuízo de menor contía, seguidos co número 42/1995, por instancia de Mª Isabel del Rosario García García contra Domingo Martínez Martínez e a súa muller Dolores Lema del Río, José Atán Jurjo e a súa muller María Rey Romero, a entidade

mercantil Martínez Lema e hijos, S.A., a Caixa de Aforros de Galicia, e persoas descoñecidas e incertas que puidesen ter interese no asunto, acordouse emprazar a Domingo Martínez Martínez e a súa muller Dolores Lema del Río, a entidade mercantil Martínez Lema e hijos, S.A., en calidade de demandados, na actualidade en ignorado paradero e as persoas descoñecidas e incertas que poidan ter interese no asunto, co obxecto de que no prazo de vinte días compareza, nos devanditos autos presentándose en forma legal mediante avogado e procurador e contesten á demanda, co apercibimento de que se non comparecen dentro do prazo siñalado serán declarados en rebeldía dándose por precluído o trámite de contestación á demanda, seguindo o preito o seu curso, notificándose na sede do xulgado a providencia que para o efecto se dicte e as demáis que se dicten.

E para que así conste e sirva de cédula de emprazamento á persoa que queda expresada máis arriba, para a súa inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido, selo e asino o presente edicto en Muros o seis de abril de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE NOIA