Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 1995 Páx. 3.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO

ANUNCIO.

O Concello de Campo Lameiro, en sesión extraordinaria do 22 de marzo de 1995, adoptou acordo de aprobación inicial das normas subsidiarias de planeamento do municipio.

En consecuencia co acordo adoptado anúnciase a exposición ó público das referidas normas de planeamento durante o prazo de un (1) mes, a contar da data de publicación do derradoiro anuncio no BOP, DOG, prensa e taboleiro de anuncios do concello, en cumprimento do disposto no artigo 114 do T.R. da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana (Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño), para efectos de que as persoas, asociacións ou entidades interesadas poidan presenta-las alegacións e reclamacións que coiden oportunas.

O exame da documentación pódese efectuar nas oficinas municipais de luns a venres de 9 a 14 horas.

O acordo de aprobación inicial implica a suspensión automática do outorgamento de licencias urbanísticas nos ámbitos das liñas de execución esta

blecidas nas normas, e naquelas áreas do territorio municipal en que as novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente.

O alcalde

Rubricado