Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 1995 Páx. 3.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XERMADE

ANUNCIO.

Aprobado polo Pleno do Concello, en sesión extraordinaria celebrada o día 16 deste mes, o escudo heráldico municipal, redactado por Eduardo Pardo de Guevara e Valdés, vicepresidente da Comisión Heráldica da Xunta de Galicia, sométese a información pública o expediente tramitado para o efecto, por lapso de un mes, para efectos de exame e reclamacións, conforme preceptúa o artigo 3 do Decreto 258/1992, do 10 de setembro, da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Xermade, 20 de marzo de 1995.

Manuel González Fernández

Alcalde