Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 1995 Páx. 3.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, na súa sesión celebrada o día 23 de febreiro do ano que andamos, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do camiño real de Sigrás, relativo á unidade de execución nº 25 das normas subsidiarias municipais, promovido por Eulasa, e que redactou o enxeñeiro de camiños Pedro Quintáns Díaz.

O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese a información pública polo prazo de quince días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 117 do texto refundido da Lei do solo.

Durante o citado prazo procederanse formula-las alegacións que se coiden pertinentes. O expediente poderá ser consultado na Unidade Xurídica de Urbanismo e Persoal deste concello.

Cambre, 31 de marzo de 1995.

O alcalde

Rubricado