Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 1995 Páx. 3.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de marzo 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4277 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Finalidade: subministración de enerxía eléctrica ó edificio Teodoro Moreda Fernández, na Avda. Casiano Moreno-San Bartolo (Barreiros).

Orixe da liña: na L.M.T. aérea contigua, que abastece o C.T. Montero.

Final: no C.T. a instalar.

Situación do transformador: no baixo do edificio.

Características: liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 80 metros (dobre circuíto), realizada con conductor LA-56. Liña media tensión subterránea de 20 kV, cunha lonxitude de 316 metros (dobre circuíto), realizada con conductor D.H.V.15/25 kV de 1x95 mm Al, desde o último apoio ata o C.T. proxectado. Centro de transformación de 630 kVA, 20.000±5%, 380-220 V, no concello de Barreiros.

Orzamento: 7.350.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 14 de marzo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo