Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 1995 Páx. 3.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4280 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Situación: Lugo.

Finalidade: mellora da subministración de enerxía eléctrica na cidade de Lugo.

Características principais: liña de media tensión subterránea entre a subestación do Ceao e subestación rúa Conde (Lugo), a 20 kV (dobre circuito), cunha lonxitude de 9.272 metros (ambos cicuítos), realizada con conductor D.H.V. 18/30 kV de 1x400 mm Al.

Procedencia dos materiais: nacional.

Orzamento: 60.950.602 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formulárenselle as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 17 de marzo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo