Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 1995 Páx. 3.361

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de marzo 1995, da Delegacion Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4278 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Finalidade: subministración de enerxía eléctrica ó edificio Luis Grande Ceide na rúa Serra de Outes, 63-65-67, Lugo.

Orixe da liña: no C.T. residencia e no C.T. Nazario Abel.

Final: no C.T. a instalar.

Situación do transformador: no soto do edificio.

Características: liña de media tensión subterránea a 20 kV, con cable de 1 x 150 mm, Al, designación UNE D.H.V. 15/25 kV, de 140 metros de lonxitude. Centro de transformación de 1x400 kVA, 20.000±5%, 398-230 V.

Orzamento: 3.145.165 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 10 de marzo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo