Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 1995 Páx. 3.358

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1995 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa, da obra clave OH-PO.95.1 e seis máis.

A) Obras.

-Clave: OH-PO-95.1.

Proxecto de renovación da rede de auga e beirarrúas nas rúas Vilanova e entrada á Feira. A Cañiza.

Orzamento: cinco millóns trinta e tres mil cento oitenta e catro (5.033.184) pesetas.

Prazo de execución: dous meses.

Clasificación: non é necesaria a clasificación.

Fianza provisional: 100.664 ptas.

-Clave: OH-PO-95.2.

Comporta no río do Con no concello de Vilagarcía de Arousa.

Orzamento: sete millóns oitocentas noventa e oito mil seiscentas corenta e nove (7.898.649) pesetas.

Prazo de execución: tres meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 7, categoría c.

Fianza provisional: non é necesaria.

-Clave: RC-PO-95.2.

Pavimentación de vías públicas en Vila de Cruces.

Orzamento: oito millóns sesenta e nove mil cincocentas sesenta e cinco (8.069.565) pesetas.

Prazo de execución: catro meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría a.

Fianza provisional: non é necesaria.

-Clave: RC-PO-95.3.

Pavimentación no núcleo urbano en Agolada.

Orzamento: vintecinco millóns cincocentas dezaseis mil vintecinco (25.516.025) pesetas.

Prazo de execución: seis meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Fianza provisional: non é necesaria.

-Clave: RC-PO-95.4.

Pavimentación dos camiños nos barrios de Albores Grande, Sancho e Paraviñabal. Concello de Nigrán.

Orzamento: oito millóns catrocentas oitenta e catro mil oitocentas vintedúas (8.484.822) pesetas.

Prazo de execución: un mes.

Clasificación: non é necesaria a clasificación.

Fianza provisional: 169.696 ptas.

-Clave: RC-PO-95.5.

Beirarrúas e verandas da ponte sobre o río Verdugo na estrada C-531 ó seu paso por Ponte-Caldelas.

Orzamento: seis millóns cincocentas corenta e unha mil trescentas setenta e unha (6.541.371) pesetas.

Prazo de execución: cinco meses.

Clasificación: non é necesaria a clasificación.

Fianza provisional: 130.827 ptas.

-Clave: RC-PO-95.8.

Pavimentación de camiños no concello de Vila de Cruces.

Orzamento: vintecatro millóns duascentas vinteoito mil seiscentas trinta e dúas (24.228.632) pesetas.

Prazo de execución: tres meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Fianza provisional: non é necesaria.

(Declaradas urxentes segundo o establecido no artigo 26 da Lei de contratos do Estado).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os correspondentes proxectos das obras que se relacionan e demais documentos de interese para os licitadores, estarán á disposición destes durante o prazo de presentación das proposicións, na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sita na rúa Alcalde Hevia, s/n, en Pontevedra.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no Real decreto 1883/1979, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Pontevedra, ben persoalmente ou ben enviadas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás 12 horas do décimo quinto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións, que será pública, realizarase no salón de actos da Delegación da Consellería da Presidencia e Administración Pública, rúa Benito Corbal, 47, en Pontevedra, ás 11 horas do sétimo día hábil, que non sexa sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Pontevedra, 28 de abril de 1995.

Justo J. González Ballesta

Delegado provincial de Pontevedra