Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 1995 Páx. 3.360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a contratación directa da obra de substitución de carpintería exterior no colexio público de Portomouro (Val do Dubra).

Esta delegación provincial, en virtude do Decreto 87/1990, do 15 de febreiro, sobre desconcentración de competencias en materia de contratación administrativa, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación directa da obra que se cita:

Substitución de carpintería exterior no C.P. de Portomouro (Val do Dubra).

Orzamento de contrata: 16.838.160 ptas.

Prazo de execución: dous meses.

O proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares están á disposición dos interesados nas dependencias da delegación provincial da consellería, edificio administrativo de servicios múltiples, 7ª planta, Monelos, A Coruña.

O prazo para a presentación das proposicións será de dez (10 días hábiles contados a partir do día da publicación do presente anuncio no DOG e rematará ás 13 horas de derradeiro día do prazo; se este coincide en sábado, o prazo rematará o seguinte día hábil.

As propostas presentaranse en man no rexistro da delegación provincial e cos requisitos sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares correspondentes.

A apertura de plicas terá lugar ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de licitacións; pasará ó luns se este coincide en sábado.

O importe do presente anuncio será por conta da empresa adxudicataria.

A Coruña, 27 de abril de 1995.

Francisco Pérez Rivas

Delegado provincial da Coruña