Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 1995 Páx. 3.358

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade da concesión do servicio público regular permanente e de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-3147; XG-352, de Bueu e os seus arredores a Cangas, con anexos (provincia de Pontevedra).

Autobuses Cerqueiro, S.L., solicitou o cambio de titularidade ó seu favor, da concesión do servicio público regular permanente e de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-3147; XG-352, de Bueu e os seus arredores a Cangas, con anexos.

Esta dirección xeral resolveu autoriza-lo dito cambio de titularidade, quedando subrogado o novo concesionario nos dereitos e obrigas do cedente fronte á Administración.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1995.

Juan Carlos Villariño Tejada

Director xeral de Transportes