Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 1995 Páx. 3.331

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 117/1995, do 20 de abril, polo que se nomea director xeral de Política Financeira e Tesouro a Miguel Ángel Sainero Caballero.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de abril de mil novecentos noventa e cinco,

Nomeo director xeral de Política Financeira e Tesouro da Consellería de Economía e Facenda a Miguel Ángel Sainero Caballero.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte de abril de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUNVENTUDE