Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 1995 Páx. 3.319

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO de funcións de xestión tributaria.

De conformidade co disposto no artigo 7 da Lei 39/1988 e 106.3º da Lei 7/1985, e en cumprimento do que acordou a Corporación Provincial na sesión do 23 de febreiro último, faise público que esta deputación asume a competencia delegada nela polo Concello de Nogueira de Ramuín para a xestión, liquidación, inspección e recadación dos impostos de bens inmobles (IBI) e de actividades económicas

(IAE), nos termos e condicións sinalados no acordo plenario do concello do 27 de xaneiro do ano en curso.

Ourense, 6 de marzo de 1995.

O presidente

Rubricado