Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 1995 Páx. 3.320

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 10 de marzo de 1995 polo que se fai público o nomeamento de xuíces de paz substitutos de Castroverde e As Nogais (Lugo) e Castro Caldelas (Ourense).

A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa reunión do día 10 de marzo de 1995, acordou nomear por un período de catro anos os xuíces de paz titulares e substitutos que máis abaixo se indican dos distintos concellos desta Comunidade Autónoma, nomeamento que se fai directamente xa que no concurso que convocou esta sala de goberno ultimamente non houbo ningún solicitante ou, noutro caso, os solicitantes non foron considerados idóneos para o desempeño do cargo,

e tendo en conta que os concellos no seu día non elixiron persoa ningunha para os ditos cargos.

Provincia de Lugo

Castroverde: substituto, Jesús-Javier Valiña Neira.

As Nogais: substituto, José López Cela.

Provincia de Ourense

Castro Caldelas: substituto, Inés Vega Núñez.

Contra este acordo poderán os interesados presentar recurso de alzada dentro dos 15 días seguintes á publicación deste edicto por ante o Consello Xeral do Poder Xudicial.

Os xuíces de paz nomeados deberán prestar xuramento ou promesa na forma que establece o artigo 101.5º da Lei orgánica do poder xudicial perante o xuíz de primeira instancia e instrucción respectivo no prazo de 10 días a partir do seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e, posteriormente, no prazo de 3 días tomarán posesión no Xulgado de Paz para o que sexan nomeados, ante quen se achar exercendo a xurisdicción.

Aqueles xuíces de paz nomeados que estean incursos nalgunha incompatibilidade deberán optar dentro do prazo de oito días pola praza que lles interese.

A Coruña, 10 de marzo de 1995.

Vicente Fernández Riera

Secretario da Sala de Goberno do Tribunal Superior

de Xustiza de Galicia