Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 1995 Páx. 3.319

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso.

Obxecto do contrato: asistencia á deputación para a contratación do control de calidade da obra presa de Abegondo.

Orzamento: 21.594.930 ptas.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato fíxase inicialmente en 12 meses. Non obstante por tratarse dun contrato de control de calidade dunha obra, o prazo entenderase automaticamente ampliado

ata que se efectúe a recepción definitiva da obra obxecto de control.

Proposicións: documentación. Presentarase en sobre cerrado. No anverso do sobre levará a mención «Proposición para tomar parte na contratación da asistencia á Deputación da Coruña para a realización do control de calidade da obra presa de Abegondo».

Dentro do sobre figurará a oferta económica axustada a este modelo:

Don/Dona..., con enderezo en..., rúa..., número.... código postal..., con DNI número..., actuando en nome propio (ou en representación de..., con enderezo en.... rúa..., número..., código postal...) toma parte no concurso convocado pola Deputación Provincial da Coruña e publicado o..., para a adxudicación do contrato consistente na asistencia á deputación para a realización do control de calidade da obra presa de Abegondo, e fai constar que coñece e acepta o prego de condicións e que se compromete á realiza-lo devandito contrato con suxeición ás referidas cláusulas, no seguinte prezo... ptas. (IVE incluído).

O/A licitador/a (asinado e rubricado).

Ademais presentarase a documentación sinalada na cláusula 10 do prego de condicións.

Clasificación: grupo II, subgrupo 3, categoría A. Grupo I, subgrupo 1 e 2, categoría A.

Fianza provisional: 431.899 ptas.

Fianza definitiva: 863.797 ptas.

Prazo de presentación: as proposicións poderán presentarse na Sección de Patrimonio e Contratación, r/ Alférez Provisional, s/n, planta 5A, dentro do prazo de 10 días contados desde o día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOE, BOP ou no DOG, de 9 a 13 horas.

Apertura de proposicións: terá 1ugar no salón de sesións do prazo provincial ás 12 horas do día seguinte ó último sinalado para a presentación de ofertas.

A Coruña, 26 de abril de 1995.

Salvador Fernández Moreda

Presidente

José Luis Almau Supervia

Secretario