Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 1995 Páx. 3.318

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso.

Obxecto: de conformidade coa resolución da Presidencia do 26 de abril de 1995, anúnciase o concurso da obra separata fase 5 do abastecemento de auga a Cee, Corcubión, Fisterra e Dumbría comprendidas no Programa Operativo Local de 1995.

Orzamento: 118.078.843 ptas.

Clasificación: grupo E, subgrupo 7, categoría f.

Prazo: estas obras serán entregadas provisionalmente no prazo que figura no prego de condicións particulares.

Pagamentos: efectuaranse mensualmente contra certificación de obra realmente executada, con cargo ó crédito consignado no orzamento vixente.

Garantía definitiva: o adxudicatario virá abrigado a constituír unha garantía definitiva sobre o 4% do orzamento da obra.

Proposicións: presentaranse axustadas ó seguinte modelo:

Don/Dona..., con domicilio en..., rúa..., número.... teléfono..., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) número..., actuando en nome propio (ou en representación de... DNI número..., e con domicilio en..., rúa..., número...) desexa tomar parte no concurso convocado por..., e publica en... con data do..., para executa-las obras comprendidas no proxecto de..., e para estas efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de... pesetas, que significa unha baixa de... pesetas, en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta as obrigas que se derivan dos pregos de condicións do presente contrato.

3. Que achega nos correspondentes sobres a documentación esixida no prego de condicións.

En..., ... de... de 199...

O/A licitador/a (asinado e rubricado).

Presentación de proposicións: na Sección de Patrimonio e Contratación en horas de nove a trece, dentro do prazo dos dez días hábiles computados desde o seguinte á última inserción deste anuncio.

Apertura de proposicións: ás doce horas do día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións.

A Coruña, 26 de abril de 1995.

Salvador Fernández Moreda

Presidente

José Luis Almau S.

Secretario