Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 1995 Páx. 3.318

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XUNQUEIRA DE AMBÍA

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 1995 referente á convocatoria para prover unha praza de operario de servicios múltiples.

No BOP de Ourense, número 14 do 18-1-1995, publícanse as bases da convocatoria para cubrir unha praza de operario de servicios múltiples, vacante no cadro de persoal laboral deste concello e incluída na oferta pública de emprego de 1994.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir da publicación deste anuncio no Boletín, Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, comezando o cómputo do prazo despois da última publicación.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP de Ourense e no taboleiro de anuncios do concello.

Xunqueira de Ambía, 1 de marzo de 1995.

O alcalde

Rubricado