Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 1995 Páx. 3.316

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 1995, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña, pola que se anuncia a aprobación do acordo de concentración da zona de San Pedro de Aiazo (Frades-A Coruña).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de San Pedro de Aiazo (Frades-A Coruña), declarada de utilidade pública e de urxente execución polo Decreto 207/1988, do 9 de xuño (DOG nº 163, do 25 de agosto de 1988).

Primeiro.-Con data do 15 de febreiro de 1995, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural, aprobou o acordo de concentración da zona de San Pedro de Aiazo (Frades-A Coruña), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración, estará exposto ó público no Concello de Frades e nos lugares de costume da parroquia durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Terceiro.-No prazo dos trinta días que se din, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura Gandería e Montes, podendo os recurrentes presenta-lo recurso na Xefatura do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (edificio administrativo de Monelos, s/nº, 6ª planta, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expresando no escrito un domicilio dentro do concello para facerlle as notificacións que procedan e, se é o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facérselle as notificacións.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser obxecto de recurso de alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

A Coruña, 10 de marzo de 1995.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento

Rural da Coruña

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña