Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 1995 Páx. 3.316

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, das obras de repoboación forestal no monte Barbanza e Grallade e cinco máis.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, resolveu convoca-la seguinte licitación, polo sistema de concurso aberto:

Obxecto: contratación da execución das repoboacións forestais que figuran na relación adxunta, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para iso. O orzamento, prazo de execución e clasificación dos contratistas serán os que, así mesmo, se sinalan na relación.

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto así como o prego de cláusulas administrativas particulares estarán a disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela), ou en calquera das vías admitidas polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, antes das 14 horas do día 6 de xuño de 1995.

A apertura de proposicións terá lugar o día 13 de xuño de 1995, ás 12 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

1. Repoboación forestal en m/ Barbanza e Grallade (1512).

Orzamento: 46.301.342 ptas.

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: categoría C, grupo K, subgrupo 6.

2. Repoboación forestal en m/ Barbanza de Enxa, Xian e Dordo (1513).

Orzamento: 29.126.536 ptas.

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: categoría C, grupo K, subgrupo 6.

3. Repoboación forestal en m/ Anceu, Cotadoiro e Valgrande (4428).

Orzamento: 45.474.828 ptas.

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: categoría C, grupo K, subgrupo 6.

4. Repoboación forestal en m/ da conca do río Oitavén (4431).

Orzamento: 46.327.476 ptas.

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: categoría C, grupo K, subgrupo 6.

5. Repoboación forestal en m/ do t.m. de Pazos de Borbén (4504).

Orzamento: 38.981.675 ptas.

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: categoría C, grupo K, subgrupo 6.

6. Repoboación forestal en m/ do t.m. de Cotobade II (4519).

Orzamento: 45.173.694 ptas.

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: categoría C, grupo K, subgrupo 6.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes