Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 1995 Páx. 3.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a informacion pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 95/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha R.B.T. que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: en Pazo, concello de Tomiño.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: R.B.T., aérea, de 231 m de lonxitude, con conductores tipo R.Z. e apoios de formigón.

Orzamento: 737.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2; e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 7 de marzo de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra