Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 1995 Páx. 3.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 1995 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, a obra Facultade de Humanidades en Ferrol (A Coruña).

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso de procedemento aberto, a obra que se cita:

-Facultade de Humanidades en Ferrol (A Coruña).

-Orzamento de licitación: 330.928.071 ptas. (trescentos trinta millóns novecentas vinteoito mil setenta e unha pesetas).

-Prazo de execución: 10 meses.

-Clasificación requirida: grupo C, categoría E.

Exposición de proxectos: o proxecto e o prego de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto na Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento, da secretaría xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións das 10 ás 14 horas. O prego de cláusulas administrativas particulares tamén se poderá examinar nas delegacións provinciais de Educación.

Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE e rematará o día 9 de maio de 1995.

Lugar de presentación de proposicións no rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por correo, observarase o disposto na cláusula 7.1 do prego das administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada nas cláusulas 7.2, 7.3 e 7.4 do prego das administrativas particulares.

Exame da documentación: a Mesa de Contratación cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación, no taboleiro de anuncios desta

consellería, o resultado da devandita cualificación, co fin de que se corrixan, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

Apertura de proposicións: será realizada pola Mesa de Contratación ás 12 horas do día 15 de maio de 1995 na sala de xuntas desta consellería.

O importe deste anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 1995.

Juan J. Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria