Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 1995 Páx. 3.314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 1995 pola que se fai pública a adxudicación dos contratos de subministración, entrega e instalación de diverso material electrónico con destino á Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, dependente desta consellería. (Expediente 4/95).

Pola Resolución do 13 de febreiro de 1995 aprobouse un gasto de 23.600.000 ptas., o prego de cláusulas administrativas particulares e apertura do procedemento de adxudicación dos contratos de subministración, entrega e instalación de diverso material electrónico con destino á Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, dependente desta consellería (expediente 4/95).

Anunciouse a contratación directa a licitación do mencionado contrato no Diario Oficial de Galicia.

Cumpridos os trámites que en materia de contratación prevé a vixente Lei de contratos do Estado e o seu regulamento, así como os requisitos establecidos no prego de bases da contratación e demais lexislación vixente. Reunida a Mesa de Contratación na data 14 de marzo de 1995 e vistas as ofertas económicas así como o cumprimento das empresas e a valoración da comisión cualificadora, esta consellería,

RESOLVEU

Primeiro.-Adxudica-lo material antes mencionado da seguinte forma:

Concurso 4/95

Lote MaterialImporte

**Empresa EMTEL**

1 Material electrónico23.597.435

**Subtotal**23.597.435

***Total***23.597.435

Segundo.-O prazo de entrega e instalación deste material é inmediato.

Terceiro.-A empresa adxudicataria deberá cumpri-las obrigas previas á formalización do correspondente contrato, esixidas nas cláusulas 15 e 16 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Cuarto.-Faise pública a presente resolución para os efectos previstos no artigo 38 da Lei de contratos do Estado e 119 do seu regulamento.

Quinto.-Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo de un mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 1995.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria