Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 1995 Páx. 3.313

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (261/1994).

Camilo José García Puertas Magariños, secretario no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado se segue xuízo de divorcio número 261/1994, por instancia de Florinda Pereira Sánchez representado polo procurador Rieiro Noya contra José Miranda Gómez e nos autos acordouse empraza-lo demandado José Miranda Gómez co fin de que no prazo de vinte días compareza en autos en forma por medio de procurador e avogado, e conteste a demanda baixo apercibimento de ser declarado en rebeldía, seguindo o xuízo o seu curso.

E para que así conste e sirva de emprazamento en forma ó demandado José Miranda Gómez, actualmente en paradoiro descoñecido, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o quince de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado