Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 1995 Páx. 3.237

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 20 de abril de 1995 pola que se convocan certames e mostras xuvenís para 1995.

A Consellería de Familia, Muller e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, leva a cabo o programa: «Fomento da actividade xuvenil», que ten como obxectivos básicos promove-las condicións para a participación libre e eficaz da xuventude no desenvolvemento político, social, económico e cultural, de acordo co mandato recollido no artigo 48 da Constitución española.

Asumidas as competencias neste eido, polo Decreto 2434/1982, do 24 de xullo, o cal especifica no anexo I,b, 3.h. que a Comunidade Autónoma de Galicia asume as competencias de «promoción e organización de actividades de animación sociocultural no ámbito artístico, artesanal, turístico e de aire libre, dirixidas ós sectores marxinados», e consciente esta consellería da importancia que ten facilitar vías polas que poida manifestarse a actividade e

inquietude artística individual e colectiva da xuventude galega, é polo que cada ano son convocados certames qué abranguen un amplo abano de manifestacións de carácter artístico e artesanal.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Esta consellería convoca os seguintes certames, con euros e mostras:

A) XI Certame Galego de Fotografía «Xuventude 95».

B) XI Concurso Galego de Banda Deseñada «Xuventude 95».

C) VI Certame Galego de Teatro «Xuventude 95».

D) III Certame Galego Literario «Xuventude 95».

E) IX Certame Galego de Artes Plásticas «Xuventude 95».

F) VI Certame Galego de Cerámica «Xuventude 95».

G) VI Mostra Galega de Coros Polifónicos «Xuventude 95».

H) IV Mostra Galega de Novos Creadores de Moda «Xuventude 95».

I) Mostra de Música Folk de Galicia «Xuventude 95».

J) VI Certame Galego de Canción «Xuventude 95».

Artigo 2º

As convocatorias referidas axustaranse ás bases que, para cada unha delas, se establecen nos anexos do A ó J, onde se recollen e regulan os aspectos relativos á participación, condicións xerais que van rexer na respectiva convocatoria, inscricións, desenvolvemento, premios e xurado.

Artigo 3º

Os certames, concursos e mostras desenvolveranse a través das delegacións provinciais desta consellería coordinados pola Dirección Xeral de Xuventude.

Artigo 4º

As actividades desta orde serán custeadas con cargo á partida orzamentaria 14.03.355B.640.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1995.

Disposicións derradeiras

Primera.-A Dirección Xeral de Xuventude queda facultada para interpretar e desenvolver esta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 abril 1995.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

ANEXO A

XI CERTAME GALEGO DE FOTOGRAFÍA

XUVENTUDE 95

I. PARTICIPANTES

Mozos e mozas galegas ou residentes en Galicia con idades entre 16 e 30 anos, cumpridos durante o ano 1995.

II. CONDICIÓNS XERAIS

1.-A modalidade é única, admitíndose branco e negro e color en tódalas suas técnicas.

2.-A temática fará referencia á xuventude en tódalas facetas da súa actividade.

3.-Cada autor poderá presentar tódalas fotografías que desexe co mesmo lema e distinto título.

4.-As fotografías deberán ser orixinais, non podendo estar publicadas nin ter recibido ningún premio.

5.-Xunto coa obra presentada, o autor entregará un sobre pechado co lema escrito no seu exterior e co boletín de inscrición que se indica no anexo A-II no seu interior.

6.-Cada fotografía deberá ir montada en soporte consistente, recomendándose as medidas 40 x 50 cm. Na súa parte posterior deben leva-lo lema e o título correspondente.

7.-As fotografías, tanto en cor como en branco e negro, terán as medidas seguintes:

Máximas: 30 x 40 cm.

Mínimas: 18 x 24 cm.

8.-A organización non se responsabiliza de posibles roturas ou extravíos das obras. A Dirección Xeral de Xuventude subscribirá unha póliza que asegure as obras, de ata un máximo de 100.000 ptas. por obra.

9.-A organización realizará un catálogo das obras seleccionadas, enviarállelo ós participantes.

10.-As obras que reciban os premios establecidos quedarán en poder da Dirección Xeral de Xuventude.

III. INSCRICIÓNS

As solicitudes deberán foomularse no boletín de inscrición que se indica no anexo A-I.

As fotografías, xunto coa solicitude e o sobre pechado, entregaranse no Servicio de Xuventude da Delegación da Consellería de Familia, Muller e Xuventude correspondente á provincia na que os interesados teñan fixada a súa residencia habitual: Lugo: r/ Ronda de Fingoi, s/n (CP 27002); Ourense: r/ La Habana, 81-baixo (CP 32004); A Coruña: r/ Durán Loriga, 9-1º (CP 15003); Pontevedra: r/ Benito Corbal,47-2º (CP 36001), ou ben sé mandarán por correo certificado, ata o día 6 de xullo de 1995.

IV. DESENVOLVEMENTO

Fase provincial.

O xurado seleccionará de entre as fotografias presentadas en cada provincia aquelas que ó seu xuízo

e pola súa calidade e orixinalidade considere merecentes de acadasen a seguinte fase.

Fase autonómica.

No mes de novembro de 1995 e na Casa da Xuventude de Ourense, montarase unha exposición coas obras previamente seleccionadas na fase anterior, entre as que o xurado elixirá e premiará, se así o coidase conveniente, as tres mellores fotografías e a mellor colección.

V. PREMIOS

Establécense os premios seguintes:

Á mellor fotografía:

1º 75.000 ptas.

2º 50.000 ptas.

3º 30.000 ptas.

Á mellor colección: un premio de 100.000 ptas.

Establécense así mesmo seis accésits de 10.000 ptas.

A xuízo do xurado, e segundo a calidade da obra, poderanse deixar desertos algúns premios.

Os premios serán únicos e indivisibles.

Cada autor non poderá recibir máis ca un premio.

A organización poderá montar unha exposición itinerante coas fotografías.

Fase nacional.

Así mesmo, entre os finalistas da fase autonómica xurdirán os artistas que a xuízo do xurado e ata un máximo de 10, compoñan a representación da Comunidade Autónoma de Galicia na terceira fase ou fase nacional dentro do apartado de mellor fotografía, da mostra «Arte Joven-95» convocada polo Inxuve entre os artistas seleccionados por tódalas comunidades autónomas.

VI. XURADO

O xurado da fase autonómica será nomeado polo director xeral de Xuventude e estará formado por persoas cualificadas no campo da fotografía e da imaxe, recaendo a secretaría nun funcionario da Delegación Provincial de Familia, Muller e Xuventude de Ourense. A decisión do xurado será inapelable.

ANEXO B

XI CONCURSO GALEGO DE BANDA DESEÑADA

XUVENTUDE 95

I. PARTICIPANTES

Mozos e mozas galegas ou residentes en Galicia, con idades comprendidas entre os 14 e 30 anos, cumpridos no ano 1995, en grupo ou individualmente.

II. CONDICIÓNS XERAIS

1.-A temática será libre, con textos en galego, que terán carácter de inéditos.

2.-A técnica pode ser calquera, feita en branco e negro.

3.-O formato deberá ser DIN A-4 ou DIN A-3, e a súa extensión entre 2 e 6 páxinas inclusive.

4.-Cada autor ou autores podarán presenta-las obras que desexen.

5.-Cada obra deberá levar lema e título.

6.-Xunto coas obras deberá entregarse un sobre pechado co lema/s escrito/s no seu exterior, figurando no seu interior o boletí de inscrición que se indica no anexo B-II cas datos do autor ou autores.

7.-O autor deberá achegar tamén o seu currículum.

8.-A organización non se responsabiliza de posibles roturas ou extravíos das obras. A Dirección Xeral de Xuventude subscribirá unha póliza que asegure as obras, de ata un máximo de 100.000 ptas. por obra.

9.-A Dirección Xeral de Xuventude editará unha revista coas obras que sexan seleccionadas, enviarállela ós participantes.

III. INSCRICIÓNS

As solicitudes deberán fonmularse no boletín de inscrición que se indica no anexo I.

Os participantes deberán presenta-la solicitude xunto coa obra e o sobre pechado nas delegacións provinciais da Consellería de Familia, Muller e Xuventude de: r/ Ronda de Fingoi, s/n -27002 Lugo; r/ La Habana, 81-baixo 32004 Ourense; r/ Durán Loriga, 9-1º 15003 A Coruña; r/ Benito Corbal, 47-2º 36001 Pontevedra, ata o día 2 de setembro de 1995.

IV. DESENVOLVEMENTO

Fase provincial.

De entre tódolos traballos presentados en cada provincia o xurado procederá a seleccionar aqueles que pola súa calidade consideren merecentes de conconreren á seguinte fase.

Fase autonómica.

O xurado seleccionará os mellores traballos, que serán expostos na Casa da Xuventude de Ourense no mes de outubro de 1995, premiando aqueles que pola súa calidade e orixinalidade considere oportunos.

A organización poderá montar unha exposición itinerante con eles.

V. PREMIOS

Establécense os seguintes premios:

1º 100.000 ptas.

2º 75.000 ptas.

3º 50.000 ptas.

4º 25.000 ptas.

Así mesmo daranse cinco accésits de: 15.000 ptas.

Con motivo da Campaña Europea de Xuventude contra o Racismo, a Xenofobia, o Antisemitismo e a Intolerancia, outorgarase un premio especial de 50.000 ptas.

Este premio será para o traballo que, ó xuízo do xurado, recolla no seu desenvolvemento algúns dos aspectos salientados na campaña, e será compatible con calquera dos outros premios.

VI. XURADO

A xuízo do xurado, e segundo a calidade da obra, pódense deixar desertos algúns premios.

As contías dos premios serán únicas e indivisibles.

O xurado da fase autonómica será nomeado polo director xeral de Xuventude e estará formado por persoas cualificadas no campo artístico, recaendo a secretaría nun funcionario da Delegación Provincial de Familia, Muller e Xuventude de Ourense. A decisión do xurado será inapelable.

ANEXO C

VI CERTAME GALEGO DE TEATRO

XUVENTUDE 95

I. CONVOCATORIA

A Dirección Xeral de Xuventude, da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, en colaboración coa Dirección Xeral de Política Linguística e a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, convoca o VI Certame Galego de Teatro-Xuventude 95.

II. PARTICIPANTES

Poderán concorrer a este certame tódolos grupos teatrais compostos por xoves galegas ou residentes en Galicia, que se inclúan dentro dalgunha das categorías da presente convocatoria.

III. Categorías.

Establécense dúas categorías:

Categoría A: para grupos de teatro independentes, compostos por xoves de idade que non exceda dos 30 anos.

Categoría B: para grupos de teatro que se constitúan nos distintos centros de ensino de Galicia (institutos de bacharelato, centros de formación profesional, etc.) e que agrupen a xoves de idades que non superen os 30 anos.

A idade máxima dos participantes (trinta anos) enténdese reflectida ó 31-12-1995, agás dirección e equipo técnico.

IV. CONDICIÓNS XERAIS

1.-As obras poderán ser de autores galegos, españois ou estranxeiros.

2.-Poderán presentarse textos orixinais.

V. INSCRICIÓNS

As solicitudes deberán formularse no boletín de inscrición que se indica no anexo C-I.

Así mesmo os participantes deberán envia-lo boletín de inscrición que se indica no anexo C-II, nun sobre pechado no que figurará exclusivamente o títu

lo da obra que se vai representar, segundo a categoría presentarán tamén:

Categoría A:

-Unha síntese da obra (título, autor, adaptación dos diálogos, se é o caso) e da posta en escea (número de personaxes, tipo de decorado, vestiario, espacio que se precisa, etc.).

-Un video dunha representación da obra a concurso ou dun ensaio xeral.

Categoría B:

-Unha síntese da obra (título, autor, adaptación dos diálogos, se é o caso) e da posta en escea (número de personaxes, necesidades de decorado, vestiario, espacio, etc. que precisan) e nomes dos responsables e coordinadores.

Os participantes deberán presenta-las obras no Servicio de Xuventude da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude correspondente á provincia na que os interesados teñan fixada a súa residencia habitual, polo que poderá ser na: r/ Ronda de Fingoi, s/n 27002 Lugo; r/ La Habana, 81-baixo 32004 Ourense; r/ Durán Loriga, 9-1º 15003 A Coruña; r/ Benito Corbal, 47-2º 36001 Pontevedra, antes do 9 de xuño de 1995.

VI. DESENVOLVEMENTO

Categoría A.

Fase provincial.

O xurado, vistos os videos presentados, seleccionará de entre os participantes ata seis grupos para a fase final desta categoría.

Fase autonómica.

Esta fase celebrarase na provincia de Lugo do 23 ó 27 de outubro coa asistencia dos grupos seleccionados polo xurado.

Categoría B.

Fase provincial.

O xurado seleccionará 40 grupos de entre tódolos que se presenten dentro desta categoría representando ós distintos centros de ensino de Galicia, que serán os que conformen a primeira fase ou a fase provincial; destes soamente 6 grupos se clasificarán para a segunda fase ou fase final.

Os xurados da primeira fase ou fase provincial serán norneados polo delegado provincial de Educación respectivo.

Fase autonómica:

Esta fase celebrarase na provincia de Lugo do 23 ó 27 de outubro, co concurso dos grupos seleccionados previamente na primeira fase.

VII. PREMIOS

Establécense os seguintes premios:

PremiosCategoría A

1º200.000 ptas

2º100.000 ptas

3º50.000 ptas

4º ó 6º40.000 ptas

(premios accésit)

PremiosCategoría B

1º200.000 ptas

2º100.000 ptas

3º50.000 ptas

4º ó 6º40.000 ptas

(premios accésit)

Tanto para a categoría A como para a B establécese un premio especial de 125.000 ptas. para a mellor representación feita en galego.

Prevese así mesmo a concesión de diversas axudas, que oscilan entre as 20.000 e 50.000 ptas. por distintos conceptos, ata un máximo de 500.000 ptas.; así como unha axuda de 25.000 ptas. a cada centro educativo seleccionado dentro da categoría B, para cubrir gastos orixinados pola representación (vestiario, decorados, desprazamentos, etc.). O total das axudas neste caso non podará sobrepasa-lo 1.000.000 de ptas.

As cantidades dos premios serán únicas e indivisibles.

Créanse accésits especiais por un importe total de 400.000 ptas. para axudas de representación daquelas obras que queden fóra da selección e que, a xuízo do xurado, teñan calidade ou supuxesen un gran esforzo, e para premios e actuacións destacadas, cualidades especiais da representación, etc. Estes accésits poden dividirse.

Os grupos que segundo o xurado acaden o primeiro premio nas distintas categorías na fase autonómica comprométense, no momento de faceren a inscrición, a representa-las obras polas que foron nomeados e premiados, na cerimonia de entrega de premios, que se celebrará na cidade de Lugo no mes de outubro do 1995.

VIII. XURADO

O xurado da fase provincial correspondente á categoría B será nomeado polo delegado provincial de Educación respectivo.

Por outra banda o xurado da fase autonómica será nomeado polo director xeral de Xuventude e estará composto por persoas cualificadas no campo artístico, recaendo a secretaría nun funcionario da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude de Lugo.

O xurado, segundo a calidade das obras, poderá deixar desertos algúns dos premios.

A decisión do xurado será inapelable.

ANEXO D

III CERTAME GALEGO LITERARIO

XUVENTUDE 95

«FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO»

PARA AUTORES NOVOS

(Nas modalidades de poesía, narración e ensaio)

I. BASES

1.-Poden participa-los rapaces, rapazas, mozas e mozos galegos dos 10 ós 30 anos, que non teñan

publicado ningún libro, establecéndose as seguintes categorías de idade:

Categoría A: dos 10 ata os 13 anos.

Categoría B: dos 14 ós 17 anos.

Categoría C: dos 18 ós 30 anos.

Tódalas idades se consideran cumpridas o 31-12-1995.

2.-Os concursantes deberán formula-la súa solicitude no boletín de inscrición que se indica no anexo D-I e remitirán os seus traballos sen asinar datos persoais, identificándoos cun lema. O lema repetirase no exterior dun sobre pechado dentro do cal figurarán o boletín de incrición que se indica no anexo D-II, cos datos persoais do concursante, xunto cunha fotocopia do seu DNI por ámbolos dous lados, ou fotocopia do libro de familia na folla que corresponde ó participante.

3.-Os participantes remitirán os orixinais ó Servicio de Xuventude da Delegación da Consellería de Familia, Muller e Xuventude da provincia na que teñan esablecida a súa residencia habitual, ou na que radique o colexio ou instituto no caso de grupos: r/ Ronda de Fingoi, s/n 27002 Lugo; r/ La Habana, 81-baixo 32004 Ourense; r/ Durán Loriga, 9-1º 15003 A Coruña; r/ Benito Corbal, 47-2º 36001 Pontevedra, indicando no sobre «Para o Certame Francisco Fernández del Riego», ata o 15 de xuño de 1995.

II. DESENVOLVEMENTO

Fase provincial.

De entre tódolos traballos presentados en cada provincia o xurado procederá a seleccionar aqueles que pola súa caldade considere merecentes de concorreren á seguinte fase.

Fase autonómica.

No mes de outubro de 1995, na cidade de Lugo, procederase por parte do xurado deste certame ó nomeamento e entrega de premios ós finalistas nas distintas categorías que se establecen nas bases.

III. PREMIOS

Poesía.

1.-Poemas escritos en lingua galega de tema e metro libre, cunha extensión máxima de 150 versos.

2.-Establécense os premios seguintes:

Categoría A Premios

1º 25.000 e lote de libros galegos.

2º Lote de libros galegos.

3º Lote de libros galegos.

Categoría B Premios

1º 50.000 e lote de libros galegos.

2º Lote de libros galegos.

3º Lote de libros galegos.

Categoría C Premios

1º 75.000 e lote de libros galegos.

2º Lote de libros galegos.

3º Lote de libros galegos.

Cada premiado recibirá unha figura de Sargadelos.

Narrativa.

1.-Relatos en galego de tema libre, cunha extensión máxima de 5 foios DIN-A4 mecanografados.

2.-Establécense os premios seguintes:

Premios Categoría A

1º 25.000 ptas. e lote de libros galegos.

2º Lote de libros galegos.

3º Lote de libros galegos.

Premios Categoría B

1º 50.000 ptas. e lote de libros galegos.

2º Lote de libros galegos.

3º Lote de libros galegos.

Premios Categoría C

1º 75.000 ptas. e lote de libros galegos.

2º 50.000 ptas. e lote de libros galegos.

3º 25.000 ptas. e lote de libros galegos.

Cada premio recibirá unha figura de Sargadelos.

Ensaio.

1º pemio Especial Letras Galegas «Luís Seoane».

1.-Para traballos en galego, individuais ou de grupos de alumnos de BUP, COU e FP (40 alumnos como máximo por grupo), sobre Luis Seoane. Os traballos presentarranse en folios DIN-A4 a dobre espacio.

2.-Premios:150.000 ptas en metálico e lote de libros. Figura de Sargadelos.

3.-Tódolos primeiros premiados neste certame recibirán unha bolsa para asistencia gratuíta a unha quenda de campamentos ou campos de traballo da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, dentro da Camapaña do Verán de 1996.

4.-Os traballos premiados poderán ser difundidos pola Consellería de Fanilia, Muller e Xuventude do xeito que se considere máis conveniente.

Premio especial.

Con motivo da Campaña Europea da Xuventude contra o Racismo, a Xenofobia, o Antisemitismo e a Intolerancia, outorgarase un premio especial de 50.000 ptas.

Este premio será para o traballo que, a xuízo do xurado e en calquera das modalidades do certame, recolla no seu desenvolvemento algúns dos aspectos salientados na campaña, es será compatible con calquera dos outros premios revistos.

IV. XURADO

O xurado será nomeado polo director xeral de Xuventude e estará composto por persoas cualificadas no ámbito literario, recaendo a secretaría nun funcionario da Delegación Provincial de Familia, Muller e Xuventude de Lugo.

A xuízo do xurado, e segundo a calidade das obras presentadas, poderanse deixar desertos algúns premios.

As contías dos premios serán únicas e indivisibles.

A decisión do xurado será inapelable.

ANEXO E

IX CERTAME GALEGO DE ARTES PLÁSTICAS

XUVENTUDE 95

I. PARTICIPANTES

Xoves artistas galegos ou residentes en Galicia. Establécense as seguintes categorías:

Categoría A: ata os 12 anos.

Categoría B: dos 13 ós 17 anos.

Categoría C: dos 18 ós 30 anos.

Tódalas idades se consideran cumpridas o 31-12-1995.

II. CONDICIÓNS XERAIS

1.-Establécense tres modalidades:

Pintura.

Escultura.

Debuxo.

2.-Cada autor poderá presentar, como máximo, dúas obras en cada modalidade.

3.-As obras presentadas serán orixinais e non poderán ter participado en ningún concurso.

4.-O tema e as técnicas serán libres.

5.-Os debuxos deberán levar cristal protector ou arragláss e as pinturas, marco ou bastidor.

6.-A organización non se responsabiliza das posibles roturas ou extravíos das obras se ben a Dirección Xeral de Xuventude subscribirá unha póliza que as asegure, de ata un máximo de 100.000 ptas. por obra.

7.-As obras premiadas nas distintas categorías quedarán en poder da Dirección Xeral de Xuventude.

III. INSCRICIÓNS

1.-Os participantes deberán envia-lo boletín de inscrición que se indica no anexo E-I ó Servicio de Xuventude da Delegación da Consellería de Familia, Muller e Xuventude da provincia na que residan habitualmente: r/ Ronda de Fingoi, s/n 27002 Lugo; r/ La Habana, 81-baixo 32004 Ourense; r/ Durán Loriga, 9-1º 15003 A Coruña; r/ Benito Corbal, 47-2º 36001 Pontevedra, ata o 29 de xuño de 1995.

2.-O boletín irá acompañado dun sobre pechado no que figurará o boletín que se indica no anexo

E-II,cos seguintes datos de identificación.

-Título da obra.

-Modalidade.

-Categoría.

-Lema.

-Nome e apelidos do autor.

-Enderezo e teléfono.

-Localidade.

-Fotocopia do DNI ou do libro de familia.

3.-No exterior do sobre figurará o lema do autor, títulos das obras, modalidade e categoría na que participa.

4.-Así mesmo, e da fomma que cada artista considere máis adecuada, deberase explicita-lo titulo en cada unha das obras presentadas.

IV. DESENVOLVEMENTO

SELECCIÓN

Fase provincial.

O xurado seleccionará, de entre as obras recibidas en cada delegación provincial, aquelas que, pola súa calidade e orixinalidade o seu xuízo merecesen concorrer á fase autonómica.

Fase autonómica.

As obras seleccionadas polo xurado na fase anterior deberán remitirse ó lugar que indique a Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude da Coruña, para participar na fase autonómica, na que se concederán tres premios por categoría e apartado.

V. PREMIOS

Establécense os premios seguintes:

As obras seleccionadas serán expostas na Casa da Xuventude de Carballo (A Coruña) no mes de xullo de 1995.

A organización poderá montar unha exposición itinerante con elas.

Fase nacional.

Dentro dos apartados pintura e escultura o xurado elixirá ata un máximo de 15 artistas (finalistas, accésits e demais, de o considerar oportuno) entre tódalas obras, das distintas categorías, seleccionadas na fase autonómica, para participar na mostra de «Arte Joven-95» convocada polo Inxuve e na que participarán tódolos seleccionados nas distintas comunidades autónomas.

A selección tárase nun só acto, levantando acta o secretario do xurado.

VI. XURADO

A xuízo do xurado, e segundo a calidade da obra, poderanse deixar desertos algúns premios. As contías dos premios serán únicas e indivisibles (excepto accésits).

O xurado será nomeado polo director xeral de Xuventude e estará composto por persoas cualificadas no campo artístico, recaendo a secretaría nun funcionario da Delegación Provincial de Familia, Muller e Xuventude da Coruña.

A decisión do xurado será inapelable.

ANEXO F

VI CERTAME GALEGO DE CERÁMICA

XUVENTUDE 95

I. PARTICIPANTES

Xoves artistas galegos ou residentes en Galicia. Establécense as seguintes categorías:

Categoría A: ata os 12 anos.

Categoría B: dos 13 ós 17 anos.

Categoría C: dos 18 ós 30 anos.

Tódalas idades se consideran cumpridas o 31-12-1995.

II. CONDICIÓNS XERAIS

1.-Cada autor poderá presentar, como máximo, tres obras.

2.-As obras presentadas serán orixinais e non poderán ter participado en ningún concurso.

3.-O tema e as técnicas serán libres.

4.-A organizacián non se responsabiliza das posibles roturas ou extravíos das obras se ben a Dirección Xeral de Xuventude subscribirá unha póliza que as asegure, de ata un máximo de 100.000 ptas. por obra.

5.-As obras que reciban os premios establecidos quedarán en poder da Dirección Xeral de Xuventude.

III. INSCRICIÓNS

1.-Os participantes efectuarán a súa solicitude no boletín de inscrición que se indica no anexo F-I, e deberán envialo ó Servicio de Xuventude da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude da provincia na que resida habitualmente: r/ Ronda de Fingoi s/n 27002 Lugo; r/ La

Habana, 81-baixo 32004 Ourense; r/ Durán Loriga, 9-1º 15003 A Coruña; r/ Benito Corbal, 47-2º 36001 Pontevedra, ata o 30 de setembro de 1995.

2.-Esta solicitude irá acompañada dun sobre pechado no que figurará o boletín de inscrición que se indica no anexo F-II, cos seguintes datos de identificación:

-Título da obra.

-Categoría.

-Lema.

-Nome e apelidos do autor.

-Enderezo e teléfono.

-Localidade.

-Fotocopia do DNI ou do Libro de familia.

3.-No exterior do sobre figurará o lema do autor, os títulos das obras, e, categoría na que participa.

4.-Enviaranse tamén 2 fotografías diferentes, en cor, tamaño mínimo de 9 x 13, ou diapositivas, e tódalas aclaracións que se consideren importantes para a valoración do xurado. Non se enviará ningunha obra.

5.-Nos reversos das fotos e nas aclaracións que se achegen deberán figura-los mesmos datos cá no exterior do sobre pechado.

IV. DESENVOLVEMENTO

SELECCIÓN

Fase provincial.

O xurado seleccionará, de entre as fotografias recibidas en cada Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, aquelas obras que, pola súa calidade e orixinalidade, o merecesen en cada unha das categorías, as cales concorrerán ós premios da fase final ou autonómica.

A selección farase nun só acto.

Fase autonómica.

As obras seleccionadas polo xurado deberán remitirse ó lugar que indique a Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude da Coruña, e serán expostas na Casa da Xuventude de Curtis (A Coruña) no mes de outubro de 1995.

A organización poderá montar unha exposición itinerante con elas.

A concesión dos premios farase unha vez recibidas as obras, levantando acta o secretario do xurado.

A decisión será única e inapelable.

A xuízo do xurado, e segundo a calidade das obras presentadas, poderanse deixar desertos algúns premios.

As contías dos premios serán únicas e indivisibles (excepto os accésits).

V. PREMIOS

Establécense os premios seguintes:

PremiosCategoría A

1º25.000 ptas.

2º20.000 ptas.

3º15.000 ptas.

PremiosCategoría A

1º40.000 ptas.

2º30.000 ptas.

3º20.000 ptas.

PremiosCategoría A

1º60.000 ptas.

2º40.000 ptas.

3º25.000 ptas.

Accésits por un importe total de 40.000 ptas.

VI. XURADO

O xurado será nomeado polo director xeral de Xuventude e estará composto por persoas cualificadas no campo artístico, recaendo a secretaría nun funcionario da Delegación Provincial de Familia, Muller e Xuventude da Coruña.

ANEXO G

VI MOSTRA GALEGA DE COROS POLIFÓNICOS

XUVENTUDE 95

I. PARTICIPANTES

Tódolos grupos ou coros que o soliciten, formados por xoves galegos ou residentes en Galicia, cun máximo de 40 compoñentes.

II. CONDICIÓNS XERAIS

1.-A mostra terá cáracter convivencial e non competitivo.

2.-Os compoñentes dos coros terán entre 15 e 30 anos, cumpridos no ano 1995. Soamente poderán pasar destas idades o 10% dos compoñentes totais do coro.

3.-Os temas presentados serán tres e terán que respectarse na actuación da fase final, no caso de que se acceda a ela. Enviaranse nunha cinta casete ou casetes indicando os títulos dentro dun sobre pechado. No exterior do sobre deberá figura-lo lema do grupo e os títulos dos temas.

Noutro sobre pechado presentarase o boletín de inscrición que se indica no anexo G-II, debendo figurar no seu exterior o lema do grupo.

4.-A Dirección Xeral de Xuventude reserva para si o dereito de editar ou difundi-las obras musicais que sexan seleccionadas para a fase final.

III. INSCRICIÓNS

As solicitudes deberán formularse no boletín de inscrición que se indica no anexo G-I e dirixiranse ó diretor xeral da Xuventude.

Os grupos ou coros deberán presenta-las solicitudes xunto cos sobres pechados no Servicio de Xuventude da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude de Pontevedra, r/ Benito Corbal, 47-2ª planta, 36001 Pontevedra, Tfno.: (986) 80 55 55, ou por correo certificado antes do 9 de xuño de 1995.

IV. ORGANIZACIÓN

A Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude de Pontevedra supervisará a presente mostra.

V. DESENVOLVEMENTO

O xurado seleccionará os grupos ou coros que considere de máis calidade, ata un máximo de seis. Para actuar na fase final cada grupo dispón dun tempo máximo de 15 minutos. A fase final terá lugar en Pontevedra, en xuño de 1995.

A delegación provincial comunicará ós grupos o lugar, data e hora da súa actuación.

VI. PREMIOS

Establécense os premios e axudas seguintes:

Premios: seis diplomas e trofeos.

Axudas: os gastos de transporte e manutención serán por conta da organización. Cada grupo seleccionado na fase final disporá dunha axuda de ata 50.000 ptas.

VII. XURADO

Será nomeado polo director xeral de Xuventude e estará composto por persoas cualificadas no campo da polifonía, recaendo a secretaría nun funcionario da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude de Pontevedra.

A decisión do xurado será inapelable.

ANEXO H

IV MOSTRA GALEGA DE NOVOS CREADORES

DE MODA-XUVENTUDE 95

I. PARTICIPANTES

Xoves deseñadores de moda galegos ou residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos, cumpridos durante o ano 1995, en grupo ou individualmente.

II. CONDICIÓNS XERAIS

1.-As coleccións versarán sobre primavera-verán 96.

2.-As coleccións deben ser orixinais e non ter participado noutros certames.

3.-Os participantes presentarán os seus deseños en láminas de 42 x 32 cm. como mínimo, con deseño de fronte e de espalda.

4.-Poderanse presentar un máximo de tres coleccións, constando cada unha de 10 a 15 modelos.

5.-Cada colección levará no reverso unicamente: o título da mesma co seudónimo do autor/es.

6.-Xunto coas obras deberá entregarse un sobre pechado co seudónimo no seu exterior, e no interior o boletín de inscrición que se indica no anexo H-II debidamente cuberto, fotocopia do seu DNI e currículum do autor/es.

7.- En ningún caso nos deseños pertencentes á/s colección/s presentadas deberán figurar datos que identifiquen os deseñadores, para garanti-lo anonimato en todo momento; isto non imposibilita a descrición dos materias e complementos da colección.

III. INSCRICIÓNS

As solicitudes deberán formularse no boletín de inscrición que se indica no anexo H-I.

Os participantes deberán presenta-las obras no Servicio de Xuventude da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude da provincia na que residan habitualmente: r/ Ronda de Fingoi, s/n 27002 Lugo; r/ La Habana, 81-baixo 32004 Ourense; r/ Durán Loriga, 9-1º 15003 A Coruña; r/ Benito Corbal, 47-2º 36001 Pontevedra, antes do día 12 de setembro de 1995.

IV. DESENVOLVEMENTO

Fase provincial.

De entre tódolos traballos presentados en cada provincia o xurado procederá a seleccionar aqueles que pola súa calidade consideren merecentes de concorreren á seguinte fase.

Fase autonómica.

O xurado seleccionará 10 participantes cunha colección de cada un deles. A selección será feita ante notario.

Os seleccionados confeccionarán catro dos modelos para o pase que se realizará na cidade de Vigo en novembro de 1995. Realizarase ademais unha exposición dos deseños durante 15 días.

V. PREMIOS

Establécense os seguintes premios e axudas:

Dous premios de 250.000 ptas.

Axudas: 25.000 ptas. por cada un dos 10 seleccionados como apoio á confección dos modelos.

VI. XURADO

Será nomeado polo director xeral de Xuventude e estará fonmado por tres profesionais de coñecido prestixio e dous representantes da Dirección Xeral de Xuventude, que actuarán como presidente e secretario.

A decisión do xurado será inapelable.

VII. DEREITOS

As obras, e se é o caso, os dossiers dos seleccionados, quedarán en poder da Dirección Xeral de Xuventude, durante o período da actividade.

Queda implícita a autorización do autor ou autores das obras seleccionadas para a reproducción e publicación da imaxe ou contido da mesma por parte

da Consellería de Familia, Muller e Xuventude por calquera dos medios que esta coide oportuno.

Queda implícita na inscrición e participación nesta convocatoria a aceptación do contido das bases. Calquera dúbida sobre a interpretación delas, ou calquera modificación destas será resolta pola Dirección Xeral de Xuventude.

ANEXO I

MOSTRA DE MÚSICA FOLK DE GALICIA

XUVENTUDE 95

A presente mostra ten carácter convivencia e non competitivo. A través dela a Consellería de Familia, Muller e Xuventude pretende concluír un ciclo constituído polos seis Certames de Música Folk que viu convocando anualmente, a través da Dirección Xeral de Xuventude, co obxectivo de promocionar grupos de xoves que se iniciaban neste tipo de música, así como renderlle unha homenaxe ó finado pintor Ángel Sevillano, como un dos más recoñecidos colaboradores nestes certames.

I. PARTICIPANTES

Serán convidados os primeiros clasificados nos seis certames de música folk celebrados, que a continuación se relacionan:

I Certame. «Ophiusa», Santiago de Compostela.

II Certame. «Dhais», Santiago de Compostela.

III Certame. «Keltoi», Vilagarcía.

IV Certame. «Chouteira», Redondela.

V Certame. «Kerc-Kuez», Santiago de Compostela.

VI Certame. «Eiravendra», Ferrol.

No caso de que algún dos grupos convidados non aceptase as bases ou non puidese asistir, pasaría a ocupa-lo seu posto o segundo clasificado.

II. ORGANIZACIÓN

A presente mostra será organizada pola Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude de Pontevedra.

III. DESENVOLVEMENTO

A mostra celebrarase no Parque da Xunqueira de Vilagarcía de Arousa no mes de xullo de 1995.

A Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude en Pontevedra comunicaralles ós grupos participantes a hora e data da súa actuación. A orde de actuación será contraria á orde da proba de son, que será fixada previamente mediante sorteo no Instituto de Bacharelato de Carril o día da mostra.

Confeccionarase un cartel resumo dos seis anteriores do finado artista Ángel Sevillano, correspondentes a cada un dos certames de música folk celebrados, servindo así de homenaxe a un dos seus máis recoñecidos colaboradores.

IV. AXUDAS

Os grupos percibirán unha axuda en concepto de desprazamento e pola súa actuación de ata 150.000 ptas.

Gravación dun compact-disc con dous temas de cada un dos grupos convidados.

Os gastos de manutención conrerán a cargo da Organización.

ANEXO J

VI CERTAME GALEGO DE CANCIÓN

XUVENTUDE 95

I. PARTICIPANTES

Poderán participar neste certame tódolos xoves galegos ou residentes en Galicia. Establécense as seguintes modalidades:

1.-Solistas: xoves de ata 30 anos de idade.

2.-Grupos: xoves de ata 30 anos de idade (podendo neste caso pasar da idade un de cada catro compoñentes).

Enténdense esta idades cumpridas no ano 1995.

II. CONDICIÓNS XERAIS

1.-No caso de grupos o número máximo de compoñentes será de oito.

2.-En ningún caso poderán intervir neste certame solistas ou grupos profesionais.

3.-Cada solista ou grupo poderá presentar un máximo de 3 obras, cunha duración máxima de catro minutos cada unha. Deberanse de gravar por separado en cintas de casete, sendo obrigatorio polo menos que unha delas sexa en galego.

4.-A temática é libre.

5.-Os solistas ou grupos poderán emprega-los instrumentos musicais que precisen, aportándoos eles mesmos, a excepción da batería, que a aporta a organización.

6.-As cintas casete presentaranse cada unha nun sobre pechado, figurando no exterior o lema elixido polo grupo/s ou solista/s. Presentarase ademais outro sobre pechado, figurando no seu exterior o lema, e no interior o boletín de inscrición que se indica no anexo J-II, e demais documentación.

7.-A Dirección Xeral de Xuventude reserva para si o dereito de editar ou difundi-las obras musicais que sexan seleccionadas para a fase final.

III. INSCRIPCIÓNS

1.-Os participantes deberán envia-lo boletín de inscrición que se indica no anexo J-I xunto cos sobres pechados referidos anteriormente ó Servicio de Xuventude da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Muller e Xuventude de Pontevedra, rúa Benito Corbal, 47-2ª planta, 36001; Tfno.: (986) 80 55 55 antes do 26 de xuño de 1995.

IV. DESENVOLVEMENTO

SELECCIÓN

O xurado seleccionará os autores e as obras que considere de máis calidade para actuar na fase final.

A fase final terá lugar no Parque da Concordia de Ponteareas, o 24 de xullo do 1995.

Pechará o certame un grupo invitado para a ocasión.

V. PREMIOS

Establécense os premios seguintes:

Modalidade solistas: 1º premio: 20.000 ptas. e gravación, edición de 500 unidades compact-disc-single de 20 minutos de duración e mantemento durante os días da gravación.

Modalidade grupos: 1º premio: 50.000 ptas. e gravación, edición de 500 unidades compact-disc-single de 20 minutos de duración e mantemento durante os días de gravación.

Accésits: existirán como máximo 2 por cada unha das modalidades, de:

Solistas: 20.000 ptas. cada un.

Grupos: 50.000 ptas. cada un.

VI. XURADO

O xurado será nomeado polo director xeral de Xuventude a proposta do Departamento de Xuventude do Concello de Ponteareas e estará composto por persoas cualificadas no campo da canción e da expresión musical, recaendo a secretaría nun funcionario da Delegación Provincial de Familia, Muller e Xuventude de Pontevedra.

O xurado estará facultado para a interpretación destas bases nas eventualidades non previstas, e poderá deixar deserto algún premio se así o considera oportuno.

A súa decisión será inapelable.