Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 1995 Páx. 3.265

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 1995 pola que se convocan unhas xornadas sobre comunicación e imaxe policial, dirixidas ós membros dos corpos da policía local e da unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia da provincia de Lugo.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1995, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dunhas xornadas sobre comunicación e imaxe policial, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

As xornadas teñen por obxectivo coñecer:

a) Os aspectos fundamentais da interrelación humana.

b) A importancia da comunicación persoal na actividade policial.

c) Os elementos fundamentais da comunicación.

d) A importancia da imaxe policial para os cidadáns.

e) As técnicas básicas da comunicación.

f) As estratexias que favorecen o proceso da comunicación.

Destinatarios.

As xornadas van dirixidas ós membros dos corpos da policía local e unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia da provincia de Lugo.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertan nestas xornadas é de 75.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestas xornadas deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo, acompañada dunha fotocopia do DNI e do carné profesional.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 15 de maio de 1995.

3. As instancias deberán enviarse á sede de Academia Galega de Seguridade, rúa de Madrid, s/n, polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración.

As xornadas celebraranse en sesións de mañá e tarde, durante os días 23 e 24 de maio de 1995, e nelas trataranse, entre outros, os seguintes temas:

a) A comunicación interpersoal.

b) Elementos da comunicación.

c) Técnicas básicas da comunicación.

d) O cidadán: as súas expectativas.

e) Calidade do servicio que presta a policía local.

f) Bases para unha comunicación eficaz.

g) Comportamento policial. Ética profesional e función policial.

h) A imaxe policial.

i) O policía diante da sociedade.

Datas.

As xornadas celebraranse durante os días 23 e 24 de maio de 1995.

O horario será de 9.30 a 20 horas.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 18 de maio de 1995 no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.

Lugar.

As xornadas celebrarase nos locais da policía local de Lugo.

Certificado de participación e aproveitamento.

Ó remate das xornadas entregaráselles un certificado de participación e aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada ás mesmas; non podendo supera-las faltas de asistencia un 15% do total da duración de horas lectivos do curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, e a non superación das correspondentes probas de coñecementos, impedirá a expedición do certificado.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento das xornadas para adaptalas ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 1995.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade