Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 1995 Páx. 3.236

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 13 de marzo de 1995 pola que se aproba o cambio de dominio das bateas Escollera B-2, Escollera B-3, Escollera B-5, Escollera B-7, Gaboteira A-2 e Gaboteira A-5, a favor de Mejilloneras del Norte, S.A.

Vistos os expedientes de cambio de dominio que a continuación se mencionan, instruídos para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara, tendo en conta o previsto nos artigos 59.3º da Lei 6/1993, de pesca de Galicia e 26.2º do Decreto 423/1993, e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Xurídico de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade das concesións e dos establecementos que se relacionan a continuación:

Denominación da batea: Escollera B-2.

Cultivo: mexillón.

Localización: Sada A, cuadrícula nº 60.

Data da concesión: 25-5-1955.

Data de remate da última prórroga:17-6-1995.

Denominación da batea: Escollera B-3.

Cultivo: mexillón.

Localización: Sada A, cuadrícula nº 72.

Data da concesión: 25-5-1955.

Data de remate da última prórroga: 17-6-1995.

Denominación da batea: Escollera B-5.

Cultivo: mexillón.

Localización: Sada A, cuadrícula nº 81.

Data da concesión: 25-5-1955.

Data de remate da última prórroga: 17-6-1995.

Denominación da batea: Escollera B-7.

Cultivo: mexillón.

Localización: Sada A, cuadrícula nº 82.

Data da concesión: 25-5-1955.

Data de remate da última prórroga: 17-6-1995.

Denominación da batea: Gaboteira A-5.

Cultivo: mexillón.

Localización: Sada A, cuadrícula nº 33.

Data da concesión: 22-5-1955.

Data de remate da última prórroga: 17-6-1995.

Denominación da batea: Gaboteira A-5.

Cultivo: mexillón.

Localización: Sada A, cuadrícula nº 71.

Data da concesión: 25-5-1955.

Data do remate da última prórroga: 17-6-1995.

Anterior concesionario: Daniel Alea Martínez.

Novo titular das concesións e bateas: Mejilloneras del Norte, S.A.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como abrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 13 de marzo de 1995.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña